Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 25 de xuño de 2013

FESTA FIN DE CURSO E DESPEDIDA

O pasado venres 21 de xuño tivemos a festa de fin de curso no pavillón de Sisán. Despois de xogar cos patinetes e o paracaídas, saltar no castelo inchable e divertirnos co xogo dos aros, tocou repoñer forzas coa merenda. A fin de festa puxémola os nenos e nenas de todas as escolas coas nosas actuacións: Loboferoz de Leiro, Chim pum e O mercado de Ribadumia ( ademais da obra de teatro do Pastor mentireiro), Cartas de Félix de Lois e Jambo Bwana de Sisán.
 
Despedimos ao profe Rafa, que o vindeiro curso estrenará novo cole, cunha canción e unha súperaperta e aos compañeiros que marchan a primaria con cadansúa orla e moitos bicos. Desexámoslle a todos moita sorte nas súas novas aventuras e xa saben que están convidados a vir de visita cando queiran!!
 
Agora toca descansar e disfrutar das vacacións de verán. Non vos esquezades de ler un pouquiño cada día e vémonos en setembro!!! Que o pasedes moi ben!!!
 


 

FESTA Á AMERICANA

Que ricos os "perritos calientes" que fixemos na escola para despedir a Félix da súa aventura en Nova York. Agora que voltou á casa con Sofía de seguro que terá moito que contarlle. Nós pasámolo moi, moi ben!! Thank you Félix pola receita dos "hot dogs"!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

venres, 14 de xuño de 2013

ZAPATOCAS 12

O novo número da revista do noso CRA,  ZAPATOCAS, acaba de saír á luz e xa podemos disfrutar dela nas nosas casas e compartila coas nosas familias. Agardamos que vos guste tanto como a nós!!

CUMPLES DE XUÑO


 
Hoxe celebramos o cumple de ADRIÁN, que xa estaba desexando que lle tocara facer a súa tarta. Debeu de ser de ver como a facían os seus compañeiros durante todo o curso que a fixo realmente deliciosa. Todos querían repetir e non daba para máis. Cantámoslle, felicitámolo e axudámoslle a soplar as súas catro candeas. Parabéns Adri!!






martes, 11 de xuño de 2013

O TELÉFONO-LANGOSTA DE DALÍ

Hoxe coñecimos unha escultura de DALÍ que nos deu moito que falar. Traballamos en desdoble e o que se falou no primeiro grupo foi moi diferente do que se comentou no segundo. Ocurriu que nun dos grupos non saíu na conversa a palabra langosta e a palabra teléfono apareceu case ao final. Noutro dos grupos xa ao comezo, un dos nenos identificou a escultura como un teléfono-langosta e todo o que se falou posteriormente tivo relación con isto.

CONVERSA CO PRIMEIRO GRUPO

P: Que vos parece que será isto?
- Un cangrejito
- Un cañón para tirar cosas. Cuando tiene un enemigo y quiere pegarle y después lanza una bola de bolos con el cañón.  (Mirando a escultura con estrañeza) Los cañones no tienen patas...
- Un bicho
- Tiene una cuerda. Los cañones tienen cuerdas.
- É un bicho. Eu cómoo. Un cangrexo. Hai que sacarlle as cáscaras.
- Porque non se comen, as cáscaras.
P: E que será iso redondo que ten aí?
- Es una rueda, parece un teléfono.
- A roda ten números
- E ten un cordel para collelo.
P: E para que son os números?
- Para llamar a la gente.
- Para botar as cáscaras.

CONVERSA CO SEGUNDO GRUPO

P: Sabedes que é isto?
- Un teléfono de langosta!
- Una langosta
P: E como funciona?
- Dándole cuerda así.
- Separando el número.
- Hay que darle vueltas a esto y los agujeros esos se ponen en los números pero como tiene cuerda pues después cuando lo sueltas te pone los números en el número que estaba.
P: Que número hai que marcar?
- Uno cualquiera
P: E isto que é? (sinalando o cable)
- Un teléfono.
- El cable para que funcione.
- Un teléfono de langosta.
P: E como facemos: marcamos un número e xa funciona?
- Marcamos un número cualquiera y ya funciona.
P: E xa está? Non hai que tocar nada máis?
- No, hay que coger la langosta y ponerla en la oreja y ya te habla la langosta.
P: Ah, fala a langosta. E que dirá?
- Hola, me llamo la langosta. Soy una langosta muy guapa.
P: Entón marques o número que marques, sempre fala a langosta?
-Sí
P: Logo con este teléfono non podemos chamar, por exemplo, aos avós?
- No. Solo a la langosta.
P: Só serve para falar coa langosta?
- Para hablar con langostas diferentes.
P: Logo non podes chamar á túa casa con este teléfono?
- No.
P: E se marco o número da túa casa, non me sae a túa mamá?
- No. Te sale la mamá langosta.
P: E para que faría Dalí este teléfono?
- Pues para llamar a las langostas.
- Para chamar á xente-langosta.
P: Vós coñecedes a algunha xente-langosta?
- Non.
P: A vós valeríavos este teléfono-langosta na vosa casa?
- No. Vale para jugar o para hablar con la langosta. Si está cargado!
P: Como se carga este teléfono?
- Hay que quitarle el cable y así se carga.
P: Como sabes se está cargado?
- Porque si está dorado pues está cargado. Si está negro no está cargado.
- Es de juguete. Solo es para jugar. No tiene voz.
P: Entón vós quereríades un teléfono como este?
- Sí
- Yo ya tengo. Y mami uno nuevo, rosa.
P: Así que este teléfono só serve para falar con langostas. E vós sabedes onde viven as langostas?
- En una cueva.
- Na terra.
- No río.
- En los árboles.
- Mira, cuando se está descargando se va poniendo negro y negro y negro hasta que llega a ser todo negro. Y después cuando se va cargando se va poniendo dorado, dorado y dorado hasta que se carga y se pone todo dorado.
- Viven en el mar.
P: Entón se as chamamos e están nadando, na auga...
- Pues tienen muchos teléfonos en el agua, las langostas.
P: Como este? Pero os teléfonos pódense mollar?
- Son submarinos. Son sumergibles.
- Y de noche se ponen rosas.
- Son sumergibles igual que el reloj que tenemos Anxo y yo pero más sumergibles son los de Dalí porque los nuestros son por si se te escapa una pinga.

Xa vedes que grande o poder do maxín!

ALGO ANDAMOS A ARGALLAR PARA A FESTA DE FIN DE CURSO...


venres, 7 de xuño de 2013

USA TODAY







Estivemos comparando xornais: LA VO
Z DE GALICIA e o USA TODAY. No xornal que trouxo a profe de Nova York, as seccións veñen separadas en "pequenos xornais" independientes e é máis doado atopalas que na VOZ DE GALICIA. Na do tempo puidemos ver que o mapa que aparece é o de Estados Unidos e non o de Galicia. E tamén comparamos os tamaños dos xornais: o USA TODAY é máis longo e estreito ca VOZ DE GALICIA.
Obama, a Estatua da Liberdade... xa somos quen de ir recoñecendo o que aparece nos xornais e outros medios de comunicación. Na GRAN MAZÁ hai moito que ver e visitar. TIMES SQUARE sorprendeunos con todas esas luces e paneis publicitarios luminosos!!

RESUMO DE MAIO