Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 29 de outubro de 2019

AVISO IMPORTANTE FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN 2019


O UNIVERSO


Libros, contos, xogos, revistas con información, obxectos...que teñan que ver co Universo. Calquera cousa relacionada co tema que teñades na casa (non hai que mercar nada) e poidades traer para compartir no cole, será ben recibida. Moitas grazas!

luns, 28 de outubro de 2019

O SAMAÍN

Achégase a festa do Samaín e con Uxía Lambona e a Banda Molona aparecen todos os monstros. Coidado, coidado...veñen a por ti!! Cal é o voso favorito?




xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA



O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Nós temos a sorte de contar cunha biblioteca de aula e coa biblioteca do CRA, que xuntan máis de 6000 libros. O lema proposto para este curso 2019-20 é Biblioteca escolar, vieiro de cidadanía, ilustrado por Óscar Villán.
A mellor maneira de celebrar este día é lendo e compartindo lecturas. E sabedes que conto queremos recomendarvos?


 Lili é unha pequena lebre que non soña con cenorias nin leitugas. Lili soña con...LIBROS!
Un conto moi divertido que fala da pasión pola lectura e fai unha homenaxe ás bibliotecas.


martes, 22 de outubro de 2019

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO CRA DE RIBADUMIA




O PICUDO E AS PALMEIRAS


Na Voz de Galicia limos que o picudo vermello andaba facendo estragos nas palmeiras da zona. En Cambados tiveron que cortar cinco e en Vilagarcía, logo de tentar curalas sen éxito, houbo que cortar as dúas palmeiras centenarias que estaban diante do Concello. 
Moi preto da escola de Leiro, onde está a igrexa, hai unha palmeira. Preocupados pola súa saúde, decidimos ir ata alí a ver que tal estaba. Aproveitando que hoxe facía bo día, fomos andando cos nenos e nenas da aula de Leiro antes da merenda. Vimos a palmeira, tocamos os froitos e tamén observamos as catro oliveiras que hai no mesmo recinto e que están cargadiñas de olivas.








PINTAMOS CON CASTAÑAS

Cores de outono, castañas, témpera e a pintar!




CONTOS DE LOBOS

Cando se achega o Samaín sempre escollemos no cole un personaxe para traballar o medo. Este curso tocoulle ao lobo. E que mellor maneira de coñecer o lobo que a través dos contos clásicos nos que aparece como protagonista: Carapuchiña vermella, Os tres porquiños e Os sete cabritos son os que máis nos gustan. Lemos diferentes versións, dramatizamos, cantamos...



















Pero tamén lles deixamos un oco a outros contos máis actuais nos que aparece o lobo e que e xa forman parte da nosa biblioteca: Loboferoz, Solo un puntito, ¡Que viene el lobo!, Los besos del lobo feroz.








E falando de lobos e contos onde aparecen lobos, atopamos o libro El código de circulación, da Editorial Corimbo, cheo de sinais de perigo relacionadas con contos. Aproveitamos para traballar a educación documental e aprender como está organizada a nosa biblioteca.




venres, 18 de outubro de 2019

A BALEA AZUL








No Faro de Vigo do martes pasado aparecía unha noticia pequeniña que nos chamou a atención


O primeiro que fixemos foi coñecer un pouco máis o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela vendo e comentando a galería de imaxes que aparecen neste enlace

Investigamos un pouco e vimos outros Museos de Historia Natural que tamén teñen un esqueleto dunha balea azul. 

No Museo de Historia Natural de Chile, entre os anos 2012 e 2013 desenvolveuse a Operación Balea. Neste enlace vimos as fotos. 


No de Londres, Hope recibe os visitantes nada máis entrar no museo. No vídeo vimos como as científicas e científicos limpan, clasifican e colocan os ósos. Logo de moito tempo (anos) e moito traballo, consiguen pendurar o esqueleto da balea azul do teito.

Temos que seguir investigando, que o tema da balea azul gustounos moito.