Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de maio de 2017

O DÍA DO MERCADO

No mercado de Santiago, a pesar de non poder facer a visita esta vez, agasalláronnos cun libro para cada un que promociona o mercado e todos os alimentos que nel podemos mercar. En parellas, un maior e un pequeno, traballamos os nomes dos diferentes postos que hai no mercado e do que alí podemos atopar.






venres, 26 de maio de 2017

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL 2017

Un curso máis, coa colaboración da DGT e de Paco, da Autoescuela Barrantes, organizamos no CRA unha Xornada de Educación Vial en Sisán. Ao longo da mañá desenvolvéronse varios obradoiros simultáneos: Charla da DGT e a Garda Civil, Obradoiro de cociña, Circuito, Coche patrulla e camión da Autoescola, Contacontos... Con cadanseu vehículo: bici, patinete, coche, "correpasillos"... e casco dispuxémonos a pasar unha xornada diferente aprendendo a desprazarnos de forma segura. Tras a merenda chegou o contacontos en inglés da man de Kids&Us. 
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!























mércores, 24 de maio de 2017

O MEU PINTOR OU ILUSTRADOR GALEGO FAVORIT@

Desde o Equipo de Normalización e Fomento do galego fixeron unha proposta a pasada semana: buscar o noso pintor ou ilustrador (muller ou home) galego favorito e traelo ao cole acompañado da obra que máis nos guste del. 
Estes días están chegando as primeiras: PINTO E CHINTO, PEPE NOYA, LULA GOCE, LAXEIRO... Moitas grazas ás familias, unha vez máis, pola vosa valiosa colaboración!











E despois de recibir todos os traballos, desde o Equipo de Normalización Lingüística e Fomento do Galego, recibimos un agasallo.