Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de abril de 2017

CUMPLES DE ABRIL




Hoxe Breixo celebrou cunha torta de chocolate e unha festa rachada o seu aniversario: 5 aniños xa! Parabéns, Breixo!!






mércores, 26 de abril de 2017

POSTAIS EN INGLÉS

Hoxe Hugo trouxo tres postais que fixo coa súa mamá para un concurso e quería amosárnolas. Como a páxina que convoca o concurso está en inglés, coa axuda da teacher Anabel, limos o que poñía cada postal e vimos as que fixeron outros nenos e nenas. Que bonitas vos quedaron! Hugo e mamá forman un gran equipo!


martes, 25 de abril de 2017

GUÍA DE LECTURA: O MUNDO QUE QUEREMOS




Co gallo do Día do Libro, na biblioteca do CRA fíxose unha selección de libros baixo o lema: O mundo que queremos. Hoxe levamos a guía para á casa e ao longo desta semana as diferentes aulas poderán ver, mirar e ler os contos que aparecen nela. A partir da vindeira semana estarán a disposición de todas as familias que queiran levalos para ler na casa.

luns, 24 de abril de 2017

CELEBRAMOS OS MAIOS

Hoxe en Leiro celebramos que está a piques de acabar o mes de abril vestindo o noso maio e cantándolle para que veña cargado de flores. Ao longo da mañá fixemos cadenetas de pampullos e pintamos unha flor para a cabeza. Logo merendamos un bocata grazas ao programa Ponlle as pilas ao teu bocata, do Plan Proxecta: de sardiñas, de atún, de chocos, de mexillóns, con leituga, con tomate, con millo, con queixo...cada un elixiu o que máis lle apetecía! E non quedaron nin as migas! Rematamos a xornada cantando e bailando fóra coas familias que se achegaron a escoitar aos gaiteiros. E antes de marchar as mamás da ANPA repartiron unha planta para cada nen@ para celebrar o Día do Libro. Moitas grazas polo voso agasallo! Benvido, maio!

Picade aquí e veredes a noticia no xornal La Voz de Galicia e tamén as fotos do álbum e un pequeno vídeo.










venres, 21 de abril de 2017

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E LECTORIÑO 2017




O vindeiro domingo 23 de abril celébrase o Día do libro e nós quixemos lembrar a lenda de San Xurxo e o dragón e facer un marcapáxinas cos personaxes grazas aos selos que nos emprestou a mamá de Hugo. Moitas grazas, Noe, quedaron fenomenal! Aproveitamos para lembrarvos a chea de actividades nas que podedes participar esta fin de semana en Vilagarcía da man do Lectoriño '17(picade na imaxe para vela máis grande). Non volas perdades!


xoves, 20 de abril de 2017

PINTAMOS O MAR COMO LUÍS SEOANE

Partindo das obras que imos coñecendo grazas ao calendario de Luís Seoane, comezamos un traballo de pintura colaborativa. O primeiro cadro, coa técnica da acuarela, vai ser Mar do Orzán. 






Un novo cadro de Luís Seoane, Centolo, e unha nova técnica: o xiz. Entre todos, vainos quedar igual de bonito que o anterior.



mércores, 19 de abril de 2017

BIOGRAFÍA DE LUÍS SEOANE

Paralelamente ao Calendario de Arte curso 2017-2018 de Luís Seoane estamos coñecendo a vida deste grande e polifacético artista. Nesta mesma entrada iremos actualizando con todo o que imos aprendendo.




















sábado, 8 de abril de 2017

FELICES PASCUAS!

Último día do segundo trimestre. O soliño que facía pedía un pic nic e unha despedida en condicións. Que pasedes unhas felices vacacións e vémonos á volta, o 18 de abril (en Leiro, que é martes!).






domingo, 2 de abril de 2017

2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Ilustración: Leandro Lamas


Hoxe celébrase o Día do libro infantil e xuvenil. Neste enlace podedes ler por que e desde cando se celebra este día e picando aquí ler o díptico deste ano.
Deixámosvos o enlace das recomendacións literarias que fai a libraría Moitoconto para conmemorar esta data e tamén as de Babelia.

¡CREZCAMOS CON LOS LIBROS!

En mi más tierna infancia me gustaba construir casitas con bloques y todo tipo de juguetes, solía usar como tejado libros infantiles ilustrados; en sueños, subía hasta el interior la casa, me acostaba en la cama hecha con cajas de cerillas y contemplaba las nubes o el cielo estrellado, todo dependía de la imagen que más me gustase. Instintivamente, seguí la ley de vida de todo niño que busca inventarse un ambiente cómodo y seguro, para conseguirlo, un libro infantil fue de auténtica ayuda. Después me hice mayor y aprendí a leer, en mi imaginación, un libro comenzó a parecerse más una mariposa o incluso un pájaro, que a un tejado. Las páginas del libro eran como alas y susurros. Era como si el libro situado en el alféizar saliera volando inesperadamente por la ventana abierta hacia espacios desconocidos. Lo cogí, lo empecé a leer y el libro se tranquilizó. Después lo seguí a través de otros mundos y parajes, mientras mi universo imaginario se iba extendiendo. ¡Qué alegría tener un nuevo libro en mis manos! Al principio no sabes de qué trata, te resistes a la tentación de abrirlo por la última página, ¡y qué bien huele! No es posible descomponer su olor: tinta, pegamento… no, no lo es. Tiene un aroma especial a libro, uno excitante y único. Las puntas de algunas páginas se pegaban como si el libro no se hubiera despertado aún, se despierta cuando lo empiezas a leer. A medida que vas creciendo el mundo de alrededor se va complicando. Te enfrentas a cuestiones que incluso un adulto es incapaz de resolver. Sin embargo, es conveniente poder compartir las dudas y los secretos con alguien, por tanto aquí es cuando el libro viene en tu ayuda. Probablemente muchos de nosotros nos hemos planteado: ¡yo he escrito este libro! Y el personaje favorito de pronto parece ser como tú. Vive los mismos problemas y los trata con dignidad; otro personaje no se parece a ti en nada pero quieres que sea como tu ideal, pretendes ser tan valiente y capaz como él. Me hace reír cuando un chico o una chica dice “no me gusta leer”, no les creo, seguro que toman helado, juegan y ven películas muy interesantes. En otras palabras, les gusta divertirse. La lectura, frente el desarrollo de los sentimientos y la personalidad, no es una tarea tan agotadora, si bien, ante todo, es un gran placer. ¡Precisamente, esta es la intención de los autores que escriben libros para niños!

 Sergey Makhotin
Traducción: Noelia Sanabria Personat