Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 21 de decembro de 2021

CHEGAN O APALPADOR E AS VACACIÓNS DE NADAL

 Hoxe rematamos o primeiro trimestre do curso coa visita do Apalpador. Que teñades unhas moi felices festas! Voltamos ao cole o luns 10 de xaneiro.



















luns, 20 de decembro de 2021

ADORNANDO A ÁRBORE DE NADAL

 Mirade que bonitos quedaron os adornos que fixemos coa profe Olalla nas árbores de Nadal das nosas casas! Felices festas, familias! Moitas grazas polas fotos!




















venres, 17 de decembro de 2021

NON ESQUEZADES PEDIR UN LIBRO!

 Achégase o momento de escribir a nosa carta de desexos e un libro sempre é un acerto. A lista de contos inclusivos da nosa guía de Nadal non vos deixará indiferentes. Cal vos pedides?




A BANDA DE MÚSICA NA NOSA ESCOLA!

 Hoxe viñeron visitarnos Alberto e Ruth, da Banda Municipal de Ribadumia. A voz de Ruth narrando a historia do Crebanoces acompañada da música do saxofón de Alberto fixéronnos viaxar ata a Rusia de Tchaikovsky e bailar con eles. Moitísimas grazas pola vosa visita e por esta sorpresa musical de Nadal!







Mañá estarán no Auditorio de Ribadumia. Se podedes ir en familia, non volo perdades. Ídelo pasar xenial! E non esquezades buscar na árbore de Nadal a boliña que pintastes!



E se vos apetece apuntarvos á escola de música, podedes contactar aquí:



ADRIANA FAI 5

 E hoxe acompañámola nas súas 5 voltas ao redor do sol puidendo comprobar canto medrou nestes cinco anos. Parabéns, Adri!










ÁRBORIÑAS DE NADAL

 















FOLERPAS

 Unha folerpa presumida dicía que ela soa ía pintar de branco todo o bosque. Cando caeu enriba dun piñeiro e nin se sentiu foi cando se deu conta de que unha nevarada só se pode crear xuntando unha chea de folerpas de neve.






NICOLÁS REI COMEFROITAS

 Nicolás acadou a coroa de Comefroitas do mes de decembro! Parabéns, Nico!



xoves, 16 de decembro de 2021

mércores, 15 de decembro de 2021

CANCIÓNS DE NADAL

 Deixámosvos dúas cancións que nos están gustando moito este Nadal: DIN, DON, DAN e O APALPADOR. A cantar na casa!






ORELLAS DE BOLBORETA

 


Foi o conto da árbore de Nadal inclusivo que nos tocou ler na biblioteca de Leiro. Un conto que nos fixo reflexionar unha vez máis sobre como as palabras poden facer moito dano. 

Un grupo de rapaces búrlanse de Mara continuamente. Rinse do seu cabelo, das súas orellas, da súa roupa, mesmo dos libros que le. Chegan mesmo ao insulto. A nai de Mara, cun agarimo extraordinario dille que ela non é unha orelluda, que as súas orellas son bolboretas que voan arredor da súa cabeza e son quen de tornar bela calquera palabra fea que escoiten. Así é como Mara comeza a darlle a volta ás palabras ferintes do grupo que a acosa continuamente e pouco a pouco consegue xuntar a forza suficiente para aceptarse tal e como é.




sábado, 11 de decembro de 2021

UNHA CHEA DE POSTAIS PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES FESTAS

 Aquí vos deixamos as postais que fixemos para participar no Concurso de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia. Tomando como modelos os bonecos de playmobil e un libro para debuxar animais, puxémonos mans á obra. E os máis pequeniños empregaron elementos naturais: cortiza, follas...










 Con todo o noso agarimo desexámosvos unhas felices festas!