Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 29 de setembro de 2015

A DE ANDALUCÍA

Buscamos Andalucía no mapa de España e contamos as provincias: 8. Unha delas, Sevilla, soábanos de algo... Onde naceu Velázquez! Así que era andaluz! Comparamos con Galicia, onde vivimos nós, que é unha Comunidade máis pequena con 4 provincias, a metade que Andalucía. Galicia está no norte de España e Andalucía no sur. E máis cousiñas que imos ir aprendendo...


¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!

Tanto como nos molou a nós o conto cando o limos na biblioteca de Leiro!






xoves, 24 de setembro de 2015

BRUXAS E MÁIS BRUXAS... LA BRUJA MARUJA

Hoxe coñecimos a historia da bruxa Maruxa, que quixo facer unha poción para que a súa vasoira fose máis lixeira e acabou cun chichón e a vasoira queimada. Que credes que pasou ao final? Pois que trocou a vasoira por unha aspiradora! Ti si que es unha bruxa moderna, Maruxa!
E nós non quedamos atrás! Cada un pensou nos ingredientes que lle ía botar ao caldeiro para facer a súa poción. Hainas para todos os gustos: se queredes ser os máis rápidos, probade a poción de Hugo, feitas con plumas de correcaminos. E se queredes bailar ballet, non dubidedes en probar a de Lucía, feita cun par de zapatillas de ballet vellas, un tutú vello, un maillot vello...(quedou claro que todo vello?;) Se preferides convertiros en Spiderman, probade as pocións de Uriel e Oliver, cunha chea de arañas negras. Se queredes convertir un bebé "malo" en sapo, tedes a de Rodrigo. E se queredes NON convertirvos en sapo, tede a man a de Diana.




CHEGOU O OUTONO

E nós aprendimos un poema de Federico García Lorca, un dos poetas andaluces máis famosos. Cantas cores de outono! A paisaxe comeza a mudar, as folliñas a caer, vai chegando o frío... Estamos no outono!!


RIMANDO E CANTANDO



A QUE SABE A LÚA?



Coñecedes este conto? A nós encántanos!!




martes, 22 de setembro de 2015

QUEREDES SABER UN SEGREDO?

Shhhhh, ímosvos descubrir un dos segredos mellor gardados: como se fixo Zapatocas! Temos un amigo que se chama Martín e que é un artista. Pois enterouse de que a nosa mascota da biblioteca só existía en papel e púxose mans á obra para que á volta das vacacións de verán e co inicio dun novo curso tivésemos un Zapatocas ao que apertar, bicar, tocar, coller no colo, coidar... Fíxoo con moito coidadiño e moito agarimo e así, grazas a Martín, o boneco Zapatocas pasa a ser un amigo máis do noso cole. Benvido Zapatocas!!


ZAPATOCAS EN ANDALUCÍA




Hoxe comezamos a ir a Leiro. Foi a primeira vez para os nenos de 3 anos e pasamos a proba con nota. Inglés, Educación Física, Informática, Horta e na Biblioteca, unha sorpresa grande, grande: ZAPATOCAS cunha carta e un agasallo! Antes de nada o que tocaba era darlle unha aperta e un bico a Zapatocas: como entrou?, é de verdade?, escribiu el a carta?... as preguntas non paraban de xurdir! Despois de ler a carta enterámonos de que a Zapatocas, ademais de ler, encántalle viaxar. E convidounos a investigar con el Andalucía, unha das Comunidades autónomas de España. Ademais agasallounos cun libro da colección "De la A a la Z": Andalucía. Agora toca lelo e procurar información ao redor desta terra do Sur de España. Apetécevos acompañarnos nesta nova aventura?







martes, 15 de setembro de 2015

O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO

Un conto que nos achega a Joan Miró, a creatividade, as cores... Picade aquí para saber máis.


PERÍODO DE ADAPTACIÓN: BENVIDOS Á ESCOLA

Ao longo desta semana os nenos e nenas de 3 anos estanse incorporando en horario reducido á escola. Xa nos coñecemos e estamos comezando a facer amigos e amigas, aprendendo como funciona a escola, onde está cada cousa... Os maiores de catro e cinco anos axudan aos máis pequenos a sentirse cada día máis a gusto. Benvidos á escola!





xoves, 3 de setembro de 2015

VOLTA AO COLE


O día 10 de Setembro comeza o novo curso escolar 

2015/ 2016 para os vosos fillos e fillas.

Ese día ás 10 da mañá realizaremos 

unha REUNIÓN para as familias e o 

alumnado na 

Escola de Ribadumia, baseada no proxecto "O 

primeiro día de escola: Mellor en familia".

Falaremos de moitos temas de interese: horarios, 

organización, actividades... Non faltedes!