Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 30 de outubro de 2021

SAMAÍN, MAGOSTO E HALLOWEEN

 


Antes de nada os agradecementos! Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación nos preparativos desta xornada tan divertida que pasamos! E moitísimas grazas á ANPA por organizar o magosto, polas merendas terrorificamente saudables e polo contacontos tan divertido co que nos agasallastes nesta mañá de festa!

Deixámosvos as fotos e vídeos para que vexades canto xogamos e bailamos! Tampouco faltou a merenda para repoñer forzas nin unha visita a escuras á exposición de cabazas. Feliz ponte e vémonos á volta o martes 2 de novembro en Leiro!






























xoves, 28 de outubro de 2021

SOFÍA COMEFROITAS OUTUBRO

 Unha coroa máis dos Comefroitas no mes de outubro para Sofía. Parabéns, mociña!




COMEFROITAS E SAMAÍN

 Hoxe os Comefroitas estaban encantados á hora da merenda: 6 froitas diferentes foron aparecendo a medida que se abrían as caixas! Noces, mandarina, plátano, kiwi, uvas e pera. 




E vaia sorpresa coa merenda de Martín! A súa nai fíxolle un deseño terrorífico ao envase ao iogur de beber. Mirade, mirade!




FOLLAS PANTASMA

 








martes, 26 de outubro de 2021

A VOLTA AO COLE CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

 



Hoxe na clase de Educación Física participamos nunha carreira moi especial: dimos dúas voltas ao cole para poñer o noso gran de area na loita contra a leucemia infantil.  Hoxe corrimos co noso dorsal por todos os nenos e nenas que están maliños no hospital e non poden ir ao cole.

Nesta páxina tedes información sobre o proxecto La vuelta al cole da Fundación Unoentrecienmil. Tamén na mochila atoparedes un papel coas instrucións de como podedes colaborar. 









O PEQUENO DA FAMILIA FANTASMA

 



Néstor é o pequeno dunha familia de pantasmas. Nesta historia fálanos do seu pai, moi famoso por curar o hipo cos seus tremendos sustos; do seu avó, un gran inventor; do seu tío o viaxeiro e da súa nai, unha grande modista. 

Xogamos a deseñar e confeccionar traxes para pantasmas de todos os tamaños e cores. Non sabedes que entretidos estivemos!



domingo, 24 de outubro de 2021

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

 


O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Este ano o lema é Bibliotecas: ler, aprender, descubrir.




A biblioteca do noso cole é un lugar onde cada día lemos novas historias, aprendemos a deixar voar a nosa imaxinación e descubrimos novos camiños, lugares, persoas...

Zapatocas, a mascota da biblioteca, coida dos libros e convídanos cada martes a mergullarnos no seu mundo cheo de aventuras.

E para celebrar este día, deixámosvos a Guía de lecturas de Pantasmas e a partir da vindeira semana poñeremos en marcha a Mochila Viaxeira!

Feliz Días das Bibliotecas!


Picade na imaxe para acceder á 
Guía de lectura de Pantasmas


luns, 18 de outubro de 2021

CARACOIS E CASTAÑAS


Hoxe acabamos os ourizos e aproveitando que quedaba algo de barro fixemos uns caracois castañeiros. 



venres, 15 de outubro de 2021

EL FANTASMA HACE BOO


Encantounos esta canción que compartiron con nós a profe Ángeles de Leiro e a súa clase. Se queredes cantala, deixámosvos a letra escrita por nós.




 

OURIZOS

 


Primeiro facemos cun anaco de barro unha bola boliña ben redondiña e despois convertémola nun ourizo. Mirade como!











LANDRAS E PLASTI

 



PELELLIÑO PANTASMA

 Sabedes quen son os Pelelliños? Pois uns seres pequerrechos e moi divertidos que andan sempre a facer trasnadas. Hoxe coñecimos ao Pelelliño pantasma, que vive só nun castelo encantado e ten moitas ganas de xogar ás agachadas. Xogades con el?






xoves, 14 de outubro de 2021

MERENDAMOS FÓRA

 Neste verán outonal co que nos recibiu esta semana máis curta do normal, saír fóra a merendar "de pic-nic" fai que a merenda saiba aínda mellor.




LETRAS E PALABRAS

 Cando comezamos a escribir aparecen palabras que temos no corazón: o noso nome, a nosa familia...







mércores, 13 de outubro de 2021

SER UN FANTASMA ES LO MEJOR

 Achégase o Samaín e comezan a aparecer seres que meten medo (ou non). A pantasma que aparece neste libro está encantada de selo. Ser unha pantasma está cheo de vantaxes: atravesar paredes, comer arañas, escoitar o tic-tac do reloxo no medio do silencio...

Ser un fantasma es lo mejor, da Editorial Fulgencio Pimentel, encantounos.



¡VAYA MARAÑA!

 Este conto divertido e un pouco tolo fálanos de Kiki e o que lle pasou á súa melena cando deixou de peiteala. Naquela maraña peluda podías atopar calquera cousa!

Cadaquén dixo que quería poñer na maraña de Kiki e fomos debuxando e apuntando. Desde un paxaro ata un dinosaurio. Quedounos unha melena moi "animal"!





O OUTONO PETA NA PORTA

 Así de bonita quedou a nosa porta de outono! Vaia artistas que estamos feitos!




mércores, 6 de outubro de 2021

PÁJARO AMARILLO

 

Un conto sobre o valor de compartir. Pájaro Amarillo convídanos a coidar o planeta no que vivimos e a liberar as nosas ideas polo ben común.

Con Pájaro Amarillo viaxamos polo mundo, coñecemos outra xente, outras culturas...e aprendemos a respectar as diferenzas, compartir os nosos coñecementos e celebrar tantas cousas que nos unen. Nós tamén quixemos aportar o noso gran de area e cadaquén deseñou un invento para compartilo. Queredes coñecelos?



O avión de Alicia funciona con rodas e un motor detrás e outro diante. Poden ir tres persoas. Vai pola estrada e tamén voa. Arriba leva unha bandeira co número 1 porque é o invento número 1. Nel podes ir a Asia, a Pontevedra e á praia.


O invento de Martín é un dinosaurio para levar a Pájaro Amarillo de viaxe a África. Cando hai algún perigo ataca pero é bo. Só se enfada se lle fas algo malo a el ou a Pájaro Amarillo. E se se burlan ou se meten con el ou con Pájaro Amarillo, cómete enteiro.


O invento de Alex serve para viaxar polo mundo a un montón de países. Se é moi tarde e faise de noite pódese cear e durmir nel, nunha cama que ten. Cando é día funciona o panel da esquerda e o da dereita non.. Cando é de noite, vai ao revés, para que siga camiñando. Ten unha parte que serve para flotar na auga ao chegar ao mar. E no centro hai unha ferramenta que xira e atornilla cando hai un muro e non hai saída para poder saír. É coma unha excavadora taladradora. No invento de Alex só pode viaxar unha persoa porque é moi pequeno, só ten unha cama. Pero se fose máis estirado e grande poderían poñerse máis camas para máis pasaxeiros. Pode ampliarse e tamén recollerse. Premes no botón que ten a estufa e recóllese como unha maleta, quedando do tamaño dunha bolita que colle na man e puidendo levarse a calquera sitio. Premendo noutro botón volve abrirse. Ten un escudo protector.


O invento de Xulia chámase Campaña voadora. Ten ás, lume por debaixo para poder voar, unha hélice, unha bombilla por se hai moita escuridade e un zig-zag. Dentro pode ir alguén pequeno. Este invento pode voar polas estrelas. Podes ir ao espacio. Para facer este invento necesitamos unha tenda de campaña, hélices, unha bombilla, unha escaleiriña, rodas por debaixo e as ás.


O invento de Sofía é un monstro que serve para ir á casa dos amigos de Pájaro Amarillo. Alí pode ir sentado voando coas súas ferramentas voadoras. Ten seis asentos, rodas e ás.


O invento de Adri chámase Regadeira- Batedeira. Para facelo necesitamos unha regadeira, unha batedeira e onde recolle a auga é un paraugas roto. Funciona premendo un botón. Despois de regar as sementes con este invento, nacen as flores. Para pechar a billa, ten un anel. A este invento de Adri tamén se lle pode botar deterxente e empregalo para limpar a casa.


O invento de Luciana é unha boneca robot que pode voar. Se tes este invento podes voar con el e ir á praia e a Portugal.


O invento de Mateo é un coche trepador. Trepa os muros sen caerse. Dentro pode ir alguén pequeno. Para construilo necesitamos destornilladores e unhas pezas para atornillar os tornillos. Tamén necesitamos un taladro. Despois xuntamos todo e facemos un agarre para facerlle un gancho e que non caia. Cando o coche vai cara adiante vai polos muros sen caer e cando chega arriba de todo ten algo para ir polo teito e despois ir polo ceo para logo baixar cuns propulsores súpervoadores. Mateo dinos que este invento é un pouco guay para voar.