Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 30 de maio de 2016

REPARTIMOS TAREFAS E APRENDEMOS XUNTOS

Por parellas, tiñamos que facer unha tarefa e había que repartir o traballo: ti que sabes ler, mira o que pon, ti busca no folleto do súper e recorta e despois pegamos cada imaxe no seu sitio correspondente. A que entre os dous facémolo mellor?


O MEU ALCUME MARÍTIMO

Apuntamos no tríptico o nome de cada Arroas
buscando no libro que fixemos


A semana pasada recibimos unha proposta do Equipo de Normalización: igual que Os Arroases, debíamos buscar un animal marítimo co que nos sentíramos identificados para empregar como alcume. E aquí están todos os alcumes marítimos que eliximos nas nosas casas esta fin de semana. 








xoves, 26 de maio de 2016

CONSERVAS DE PEIXE: DESEÑA A TÚA LATA





 Ao longo deste mes fomos traendo ao cole unha chea de caixas de diferentes conservas de peixe. Observámolas e vimos que había moita variedade: atún, sardiñas, zamburiñas, mexillóns, agullas, polbo, xarda... E que podían estar en aceite vexetal, en aceite de oliva, en escabeche, en salsa de vieira...


Con todos estes datos na cabeciña, hoxe atrevímonos a deseñar a nosa propia lata de conserva, envasada con data de hoxe aproveitando un material que atopamos na rede dunha Campaña para a valorización de produtos pesqueiros e acuícolas. Logo de visitar a conserveira e durante todo o curso falar da importancia dunha dieta equilibrada e variada, fixémolo tan ben que Os Arroases estarían encantados con nós.









CALENDARIO DE ARTE CURSO 2016-17: FRANCISCO DE GOYA

Xa rematamos o noso calendario do curso que vén. Cada mes ten un dos cadros da Colección de Goya no Museo do Prado. Fixemos coincidir os tapices das Estacións do ano no mes que comeza cada unha e no resto dos meses un cadro que fixera alusión a un xogo: naipes, columpio, zancos... Se picades en cada unha das imaxes aparecerá o cadro correspondente e comentarios da páxina do Museo do Prado.



























martes, 24 de maio de 2016

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL: APRENDEMOS A DESPRAZARNOS DE FORMA SEGURA

Hoxe no Pavillón de Sisán pasamos unha mañán moi divertida na que aprendimos unha chea de cousiñas sobre seguridade vial e mobilidade sostible e segura. Chegamos montados nos nosos vehículos: bicis, patinetes, correpasillos... e o casco (moi importante!) na cabeza. O primeiro que atopamos foi o súpercircuito que Paco, o pai de Rodrigo Torres, montara o día anterior. Canto traballiño pasou! (Paco, moitas grazas pola túa colaboración, polo teu traballo, o teu tempo e sobre todo polo agarimo con que o fas).

Un dos grupos comezou no circuito, aprendendo a circular seguro ben como condutor ou ben como peón. Outro grupo leu contos relacionados coa educación vial e coñeceu de primeira man un coche patrulla e unha moto da Garda Civil de Tráfico (Moitas grazas pola vosa colaboración! Quedamos impresionados coas luces, as sirenas e os walkie- talkies!) E o terceiro grupo estaría con Elena, da DGT, nunha interesante charla relacionada coa seguridade vial: uso do cinto e da cadeira, pasos de peóns, semáforos, chalecos reflectantes..., todo axudado de soporte visual e debuxos animados (Moitas grazas pola túa colaboración, Elena!)

A media mañán tocou repoñer forzas coa merenda (Moitas grazas á ANPA pola vosa colaboración!) e despois rematamos cun obradoiro de cociña e a emisión dun carné de condutor e condutora para cada un dos participantes nesta xornada.

Mirade a noticia na prensa:

Diario de Arousa

E se picades aquí podedes vela na Voz de Galicia

La Voz de Galicia dixital


Aquí vos deixamos as fotos!












venres, 20 de maio de 2016

PREPARANDO A PORTADA DOS TRABALLOS DO 3º TRIMESTRE




DESPRAZÁMONOS DE FORMA SEGURA

Dentro do Plan Proxecta Mobilidade sostible e segura, imos realizar unha actividade en colaboración coa DXT o vindeiro martes 24 de maio no Pavillón de Sisán. Ese día os que poidan traerán a súa bici, patinete, triciclo...e moi importante, o seu casco!! Ao longo da mañán desenvolveranse diferentes obradoiros relacionados coa educación viaria.

Na nosa escola traballamos unha serie de normas para desprazarnos de forma segura a partir de rimas. Aproveitando ilustracións do material do Goberno Vasco, contos que podedes ler picando nas imaxes, escribimos as normas entre todos e fixemos o noso mural. E revisando o Diario de Arousa destes días demos cunha campaña da Xunta de Galicia: Na seguridade viaria ti pintas moito, que nos veu moi ben para ler e engadir ao noso mural.












E para cantar, aquí vos deixamos a letra da canción Con precaución, que resume moi ben todas estas normas. Picade no título para ir ao audio (non ten vídeo)

Letra (Lyric) Canciones para niños: CON PRECAUCIÓN

 
Si el semáforo verde está, entonces puedo cruzar, larala
No sin ambos lados mirar es por mi seguridad.
Cuando empiece a parpadear el paso hay que aligerar, larala,
Y si rojo empieza a brillar no debo entonces pasar,
no debo entonces pasar, no debes nunca pasar!
CON PRECAUCIÓN MIRA SIEMPRE ALREDEDORPARA CRUZAR DE LA MANO DE PAPÁ O MAMÁSI EN BICI VAS PONTE EL CASCO TE PROTEGERÁY EL CINTURÓN EN EL COCHE SIEMPRE PÓNTELO.
Cuando en coche tengas que ir, no debes nunca olvidar, larala,
La sillita es para ti es especial y vital.
A su lado está el cinturón el cual tú debes llevar, larala,
Si escuchas un fuerte clic el viaje puede empezar,
El viaje puede empezar, ahora toca viajar!
CON PRECAUCIÓN MIRA SIEMPRE ALREDEDORPARA CRUZAR DE LA MANO DE PAPÁ O MAMÁSI EN BICI VAS PONTE EL CASCO TE PROTEGERÁY EL CINTURÓN EN EL COCHE SIEMPRE PÓNTELO
CON PRECAUCIÓN MIRA SIEMPRE ALREDEDORPARA CRUZAR DE LA MANO DE PAPÁ O MAMÁSI EN BICI VAS PONTE EL CASCO TE PROTEGERÁY EL CINTURÓN EN EL COCHE SIEMPRE PÓNTELO
 
Música: Juan “D”Producción y Arreglos Musicales: Juan “D”
 

mércores, 18 de maio de 2016

CADERNO DAS LETRAS GALEGAS DO SEMINARIO GALÁN

Todos os cursos, o grupo de traballo do Seminario Galán elabora unha chea de materiais para que os centros de ensino poidan aprender e traballar sobre o autor ou autora homenaxeado o Día das Letras Galegas. Este ano na nosa aula aproveitamos o caderno de Educación Infantil para coñecer un pouco máis a Manuel María.



Lemos o poema e poñémoslle un título: A Nevada, O Inverno, A neve
O Nadal...
A Choiva
O Vento leva as folliñas de carballo
O cuco pon os ovos en niño alleo
Poema O cuco
Poema O Caracol
Manuel María foi profesor, locutor de radio e escritor
Os soños na gaiola
Manuel María e a súa muller Saleta tiñan a Libraría Xistral, en Monforte
O pai de Manuel María chamábase Antonio e súa nai Pastora.
Facemos o retrato da nosa familia


Retrato de Manuel María


Manuel María naceu o 6 de outubro de 1929. Cando naciches ti?

Portada do caderno
Retrato de Manuel María Fernández Teixeiro e marcapáxinas