Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 30 de xuño de 2018

MATERIAL COMPLEMENTARIO E LIBRO DE INGLÉS PARA O CURSO 2018-2019

Tamén na porta da escola podedes consultar a lista de cadernos de matemáticas e o libro de inglés que empregaremos o vindeiro curso 2018-2019.



xoves, 21 de xuño de 2018

GRAZAS PROFE MARÍA. QUERÉMOSTE!


Ás veces ocurre que na vida te cruzas con persoas que deixan pegada. Persoas que aparecen un bo día e sen darte conta “conectas” con elas. E ves que xunto a elas todo flúe, que traballas a gusto, que compartes pensamentos sen falar, que os seus nenos e nenas son un pouco teus e os teus un pouco dela, que cando dubidas dáche o empurrón que necesitas, que sempre ten unha man para axudarche… Esa persoa é a profe María. Ao longo de sete anos traballou polo cole tanto que é imposible poñelo en palabras. Foi profe, directora, compañeira e amiga. Quitou tempo de onde non o tiña, folgos de onde case non había e tirou para adiante en momentos difíciles. Tivo éxitos, tamén erros (quen non os ten?) pero é innegable que se esforzou cada día en facelo o mellor posible.
Porque es especial, porque es boa xente, por deixar pegada nas vidas dos nenos e nenas que foron pasando pola Escola de Ribadumia ao longo de todos estes anos e axudarnos a medrar como persoas, queremos darche as grazas. Querémoste, Profe María! Moita sorte na túa nova aventura!

ORLA 2015 -2018

Queridos Breixo e Rodrigo,
Hoxe remata a vosa etapa de Infantil e comeza o verán! Unha chea de días para descansar, xogar, ler e pasalo moi ben. En setembro, cando voltedes ao cole, comezaredes Primaria. Que maiores! Unha nova aventura para a que xa estades preparados. Desde a Escola de Ribadumia a profe e os vosos compañeiros e compañeiras mandámosvos unha chea de bicos. Querémosvos moito!! Vinde visitarnos!!



FESTA DE FIN DE CURSO

Un ano máis reunímonos en Sisán para celebrar a chegada do verán e que o curso chegou ó seu fin. Un día cheo de emocións, unha festa con contacontos en inglés da man de Kids&Us,  trucos do mago Xocas e os bailes que todas as escolas levaban preparando con moitas ganas estes últimos días.
Tamén tivemos ocasión de ver o Stand co que participamos no Congreso Aliméntate Ben.
Moitas grazas ao equipo da ANPA do CRA de Ribadumia que con tanto agarimo prepara actividades e está disposto a botar unha man no que se necesite. Moitas grazas ás familias que convidaron á merenda e que asistiron ao festival para animar e aplaudir os seus peques. E moitas grazas á profe Olalla de Música, a profe máis bailonga do cole!
Desde a Aula de Ribadumia B desexámosvos un moi feliz verán. Se hai algunha novidade publicarémola no blog. Vémonos en setembro!
















mércores, 20 de xuño de 2018

CUMPLES DOS MESES DE VERÁN

Hoxe rematou o curso na Escola de Ribadumia. Mañá será a festa de fin de curso no Pavillón de Sisán. E non podiamos marchar sen que os compañeiros e compañeiras que cumplen anos nos meses de verán fixeran a súa torta. Despois da festa e de xogar no patio as familias viñeron buscarnos e axudáronnos a levar os traballos e algunha que outra sorpresa, ademais dun novo número da revista ZAPATOCAS, que resume o curso 2017/18. Agardamos que vos guste!













REVISTA ZAPATOCAS Nº 17

Recén chegada da imprenta, a revista escolar Zapatocas acada o número 17. Un resumo de todo o curso que agora remata: festas, saídas, proxectos, Plan Proxecta... Agardamos que vos guste e que a disfrutedes lendo en familia!







martes, 19 de xuño de 2018

O COELLIÑO BRANCO


Non podía faltar O coelliño branco para despedir os martes de biblioteca en Leiro deste curso.




PEIXIÑOS E CONTOS

Hoxe levamos para as nosas casas o conto: De onde vén o leite? co que nos agasallaron desde Feiraco e tamén os peixiños que fixemos coa profe Belén.


venres, 15 de xuño de 2018

ESTE SÁBADO...FESTIVAL DO ESTÍO


Se queredes máis información, picade neste enlace do blog LittleVigo. Para os que non o coñezades, botádelle un ollo en xeral porque trae moita información interesante para disfrutar cos peques.

CUMPLES DOS MESES DE VERÁN


PLASTILINA E PALILLOS: QUE FACEMOS?





ELISA E O RATIÑO PÉREZ


OS LIBROS DA MERENDA

Hoxe queremos recomendarvos unha colección de contos que nos gusta moito: Os libros da merenda.
Nós no cole só temos catro títulos pero en canto poidamos temos que conseguir os demais. Son contos pequenos, escritos con rimas, de debuxos sinxelos e moi divertidos. Unha boa opción de lectura agora que chega o verán!


xoves, 14 de xuño de 2018

XA CHEIRA A SARDIÑAS!

BREIXO TRAE OVOS DE CHOCOS



Hoxe Breixo trouxo ovos de chocos para que coñecéramos de primeira man como son. Tocámolos e eran suaves e brandos, estaban fríos e escorregadizos e manchaban as mans de negro! Abrimos un para ver que tiña dentro e parecía xelatina. Breixo contounos que seu pai vai facer un vídeo de como nacen os choquiños para que poidamos velos. Tamén buscamos na Guía que temos na clase e Breixo díxonos que a foto que máis se parecía aos chocos era a da lura.

O vídeo de como nacen as sepias no Acuarium Finisterrae


A CEBRA CAMILA


FESTIVAL SOLIDARIO II SOLIFESTI

Se tedes ocasión, achegádevos esta tarde ao Festival Solidario no Campo da Festa do Mosteiro (Meis) ás 19:00. Recadación de fondos para o pobo sirio.


mércores, 13 de xuño de 2018

CONTACONTOS: LIMÓN DE ÓSCAR VILLÁN

Coa chegada das cereixas e dos amorodos, o Limón de Óscar Villán fíxose limonada no contacontos que houbo hoxe na Escola de Ribadumia. Vaia merendola!