Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 25 de novembro de 2023

A ÁBORE DE NADAL



A proposta para o obradoiro de cociña desta fin de semana era facer unha árbore de Nadal. Moitas grazas a todas por participar!

A primeira en chegar foi a árbore de Alma.

Alma e a súa árbore de Nadal


Adán e a súa árbore de Nadal



A árbore de Nadal de Adán



Aroa e a súa árbore de Nadal

QUE VÉN O CAIMÁN NEGRO!

 




Un novo experimento relacionado con Daniela Pirata. Lembrades ao principio da historia que ocurría cando aparecía o Caimán Negro? Que todos os barcos escapaban atemorizados! O mar nun prato, barquiños de pementa negra e o noso dedo mollado en xabón será o Caimán Negro. Que farán os demais barcos cando o barco de Orella Cortada apareza?





xoves, 23 de novembro de 2023

MÁIS COMEFROITAS!

 Parabéns, Rodrigo!




O MELLOR ARCO DA VELLA

 Na Voz de Galicia limos unha noticia onde sae unha foto da Torre de Hércules da Coruña enmarcada nun arco da vella ben grande e vistoso. Conta que A Coruña é unha das cidades onde mellor se ve o arco da vella. Vimos cales son as sete cores do arco, en que orde aparecen e como se forman cando chove e fai sol. 




Tamén xogamos cos bloques traslúcidos e o sol que entraba pola ventá.


E para rematar, un experimento!









martes, 21 de novembro de 2023

TEMOS DEREITOS

 


O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos dereitos da infancia. Zapatocas tíñanos preparado un libro que fala dos nosos dereitos. Fomos comprobando se os tiñamos ou non: un nome, apelidos, unha familia que nos queira, unha casa, alimentos, escola, médicos... Saber que hai nenas e nenos no mundo que teñen que traballar e non poden ir á escola, que viven en guerra, que pasan fame...a iso si que non hai dereito!









sábado, 18 de novembro de 2023

xoves, 16 de novembro de 2023

MENSAXES SECRETAS ENTRE PIRATAS

 



Daniela pirata recibiu unha carta e cando a abriu para lela, atopouse cun papel en branco. Como era posible que a súa amiga pirata lle mandara unha mensaxe onde non poñía nada? Investigando, investigando, enterouse de que a mensaxe era secreta e para poder lela tiña que pintar por riba dela cunha mestura de cúrcuma e alcohol. A profe Olalla axudounos a descubrir os secretos da tinta invisible e de como podemos facer para poder ler unha mensaxe secreta.















MÁIS COMEFROITAS!

 Ao longo desta semana, Manu, Alma e Lara acadaron cadansúa coroa de Comefroitas do mes de novembro. Parabéns!








martes, 14 de novembro de 2023

MULLERES CIENTÍFICAS

 


No libro Inventoras y sus inventos atopamos dúas mulleres pioneiras en salvamento marítimo: Martha Coston, que inventou a bengala marítima, e Maria Beasley, que inventou o bote salvavidas. Estivemos vendo vídeos de como funcionan as bengalas de salvamento no mar e tamén de como foron evolucionando os botes salvavidas ata os nosos días. E aprendimos a debuxar un barco vendo un vídeo moi sinxeliño.