Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de abril de 2013

LOLA EN NUEVA YORK


Hoxe na biblioteca de Leiro limos un libro que nos gustou moito: LOLA EN NUEVA YORK. Lola vai visitar o seu tío Harrison a Nova York e alí visitará os lugares máis emblemáticos desta cidade. Nun despiste perderase e terá que apañarse para atopar o seu tío.
Nós aproveitamos para coñecer unha editorial nova: Editorial Juventud e así traballar a educación documental.
 


TAXIS, PONTES, ESTATUAS, DÓLARES...

 
 
 
Estamos aprendendo moitas cousas sobre a cidade de NOVA YORK. Dentro de pouco imos converternos en grandes expertos. Fomos con FÉLIX nun dos milleiros de TAXIS AMARELOS que hai polas rúas de NOVA YORK e visitamos a ESTATUA DA LIBERDADE.

Logo cruzamos a PONTE DE BROOKLYN e paramos a mercar algo para merendar. Así oubemos que alá non podemos pagar con Euros, que temos que facelo con DÓLARES. A profe trouxo un billete dun dólar e algunhas moedas e puidemos comparar os tamaños cos billetes e as moedas de euro. Observamos que os billetes dun dólar son máis longos e estreitos que os de 5 euros e que as moedas de centavos e de céntimos tamén son diferentes. As nosas moedas teñen escritos os números 1, 2, 5, 10, 20, 50... e os centavos veñen escritos en letra e en inglés, que é a lingua dos Estados Unidos: one, five...

RESUMO MES DE ABRIL


venres, 26 de abril de 2013

CUMPLES DO MES DE ABRIL

 
 
 
 


Hoxe, último venres do mes de abril, celebramos os cumples de IRENE, que xa é unha moza de 4 anos, e de FELIPE, que xa ten 5. Fixeron a tarta, cantamos, sopramos e logo... festa rachada! Parabéns mociños!!




FELIPE E LETIZIA VISITAN A NOSA ESCOLA

Hoxe Uxía e a súa mamá trouxéronnos as súas tartarugas Felipe e Letizia ao cole para que as coñecéramos. Quedamos impresionados co grandes que eran! Armouse tal balbordo á entrada que ata viñeron os irmáns e irmás maiores que estaban na parada do autobús para ver que pasaba. Moitas grazas pola visita!!

xoves, 25 de abril de 2013

REFRÁN DE ABRIL

 
Traballamos o refrán do mes de abril e aprendimos moito sobre as andoriñas. Sabemos que chegan cando empeza o calor, que teñen a cola en forma de V, que son negras (dun azul que parece negro) pola parte de arriba e por abaixo brancas e cunha mancha vermella. Aliméntanse de insectos e fan os seus niños con boliñas de barro mesturado con herbiñas, plumas... en forma de cunca e nas vigas de casas.
 
 
 
Tamén vimos un vídeo que fixo unha persona que as viu este abril.






O NOSO RECUNCHO DE NOVA YORK SEGUE MEDRANDO

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!!
 



 

MERENDAMOS DE PIC-NIC




Aproveitando o bo tempo, onte merendamos fóra as galletas do mércores. Non quedaron nin as migas!!

A BANDEIRA DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA


 
 

Onte con Félix aprendimos como é a bandeira dos Estados Unidos de América. O primeiro que soubemos foi que para non ter que traballar tanto cando teñen que escribir o nome do seu país, collen a primeira letra de cada palabra e poñen: U (de United) S (de States) e A (de America). En galego escribimos EUA e en castelán EE.UU. Así que cando vexamos escrito USA, EUA ou EE.UU. xa saberemos de que país están a falar. Logo miramos a bandeira e vimos que tiña un rectángulo azul arriba na esquerda e dentro do rectángulo había...50 estrelas brancas! (podédelo crer, que as contamos!!). E para rematar 13 liñas (que os americanos lles chaman barras): 6 brancas e 7 vermellas.

 
Aos americanos gústalles moito a súa bandeira e a poñen en todos os sitios que poidades imaxinar: casas, escolas, roupa, cadros, mobles... Mesmo nós podemos ter bandeiras americanas e nin darnos conta! Buscando nas camisetas que traíamos hoxe atopamos dúas, unha delas con Estatua da Liberdade incluída. Mirade vaia modelazos!!
 
 

martes, 23 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 
 
 
Hoxe conmemórase o DÍA DO LIBRO e nós quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe como mellor sabemos: lendo. Na biblioteca de Leiro apareceu un castelo misterioso con dúas ventás e ao abrilas...aparecían personaxes de contos!! O que máis nos gustou foi Carapuchiña vermella. Coas imaxes do seu conto, primeiro a profe nolo contou e despois nós repartimos as imaxes, remexímolas, ordeámolas e volvémolo contar.
E para rematar, fixemos un marcapáxinas personalizado que levamos a casa e que pensamos estrear hoxe mesmo co conto que levamos da biblioteca de Leiro. Feliz Día do libro cheo de lecturas!!
 
 

domingo, 21 de abril de 2013

RECUNCHO DE NOVA YORK



Xa temos as primeiras achegas no noso recuncho de NOVA YORK. Wences foi o primeiro que nos trouxo da súa casa un TAXI amarelo e un chaveiro cun DINOSAURIO  e unhas letras escritas na parte traseira. Decidimos investigar o significado do que viña alí escrito e descubrimos que poñía Museo Americano de Ciencia Natural (pero en inglés, que é como falan en Nova York). Aparecía nunha das guías de Nova York que trouxo un neno da outra clase e estivemos mirando as fotos. Tamén na outra clase alguén trouxo o plano do Museo porque é tan grande que podes perderte cando o visitas! Logo en internet picamos na páxina web do Museo e atopamos moita máis información. Encantáronnos os esqueletes dos dinosaurios!! Se tedes curiosidade por todo o que se pode ver alí, picade aquí.




mércores, 17 de abril de 2013

SOL SOLITO

Logo de máis dunha semana sen saír ao recreo, chegou o sol. Cantas ganiñas tíñamos de correr, xogar coa area, saltar... Tamén notamos os cambios que trouxo a primavera ao noso patio: flores novas, arrecendo a xasmín... Benvido bo tempo!!
 

 

PEPIÑO, O COELLO ANANO DE ANGORA

 
Hoxe tivemos unha sorpresa: Pepiño, o coello anano de angora da profe Marina, veu de visita á nosa escola. Ao principio pensábamos que era un can (con tanto pelo!) pero logo descubrimos que era un parente do noso FÉLIX. Tivemos que falar baixiño porque coa emoción comezamos todos a falar a un tempo e a alzar a voz e Pepiño tremía coma unha folliña. Máis tranquilos puidemos tocalo e miralo con calma. Ata outro día Pepiño! Grazas pola visita profe Marina!
 
 

mércores, 10 de abril de 2013

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE NOVA YORK

Logo de ler a carta que FÉLIX mandou desde NOVA YORK, na biblioteca de Leiro buscamos información sobre esta gran cidade e atopamos libros con debuxos, fotos e curiosidades que pouco a pouco iremos coñecendo e aprendendo. Se na casa tedes material relacionado con NOVA YORK que poidades traer ao cole para compartilo, xa sabedes que será moi ben recibido!!






 
 


















 
 
 

OS DENTES CAEN


 
Algúns xa o sabíamos porque temos irmáns maiores que xa lles caeu algún, tamén sabemos que os dentes poden caer por un golpe (a Iria pasoulle e fáltalle un logo dunha caída) pero este luns levamos unha sorpresa cando Atenea chegou dicindo que a fin de semana lle caera un dente. O que máis nos gustou foi todo o que lle deixou o Rato Pérez a cambio do dente (por certo, que rato máis listo: deixar chuches para que nos caian os dentes todos!). Aquí vos deixamos coa foto do seu novo "look" e o diploma do clube dos mellados. A ver quen é o seguinte en unirse!

venres, 5 de abril de 2013

KREN XA ESTÁ NA CASA

 
 
 
Hoxe enterámonos da boa nova: apareceu o can Kren!!! Debaixo dun tractor, con moito medo, delgado logo de non comer en varios días e con corpiño cheo de "pupas". Nada que non curen os mimiños do seu dono, que axiña veu buscalo para levalo de volta á casa. Alegrámonos moito e desde aquí lles mandamos moitos bicos.
 
 

xoves, 4 de abril de 2013

FÉLIX EN NOVA YORK

Hoxe FÉLIX apareceu montado nun avión. Na súa maleta aparecía unha pista para adiviñar o seu destino:
 
 
I significa Eu en inglés, o corazón é querer e gustar, NY son as iniciais de NOVA YORK... Félix vai facer as américas!!! Chegará a Nova York esta semana e desde alí irá mandándonos sorpresas. Preparádevos que alá imos!!

E de paso estivemos facendo memoria dos lugares que foi visitando Félix ata o de agora e os fomos situando no continente ao que pertencen. Vaia coa lebre viaxeira, non para!!


mércores, 3 de abril de 2013

QUEREMOS ATOPAR A KREN

 
 
Estas son as fotos de Kren, un can que coñecimos hoxe pola prensa. Perdeuse en Ribadumia, moi pretiño da nosa escola e das nosas casas. Os seus donos están moi tristes porque non o dan atopado e tiveron que marchar a Madrid, onde viven, logo de pasar todas as vacacións na súa busca. Estivemos mirando as fotos moi atentos porque se o vemos temos que dicirlle a un maior que chame por teléfono ao Refuxio de Animais de Cambados: 649919849.
 
Enlaces á noticia nos xornais:

FÉLIX EN...

Benvidos ao terceiro trimestre do curso! Despois duns días de descanso, voltamos ao cole coas baterías cargadas. E o primeiro que atopamos foi a FÉLIX despedíndose de Kenia e voltando a coller a maleta rumbo a un novo destino. Cal será esta vez? En breve o descubriremos! Collede a equipaxe que marchamos con el!!