Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 29 de novembro de 2016

OBRADOIRO DOS SENTIDOS: A VISTA


Hoxe o obradoiro levounos a traballar o sentido da vista. Logo de ver o vídeo fixemos varios xogos: de memoria visual, con lentes de aumento, de empregar o sentido do tacto cando nos falta a vista para recoñecer un compañeiro, xogos de sombras, con lanternas...






xoves, 24 de novembro de 2016

MALVADOS E MALVADAS DOS CONTOS

Seguimos na procura dos máis malvados e das máis malvadas dos contos: lobos, madrastras, monstros, piratas...





REFRÁN DE NOVEMBRO...


EXPERIMENTO: UN OVO EN VINAGRE




E o segundo día...comprobamos que a cáscara desapareceu e o ovo parece de goma, mesmo pode botar coma unha pelota! Logo comparámolo con outro ovo moi pequerrecho que trouxo a profe María e que pensamos que era de mentira. Houbo que comprobar que era de verdade abríndoo.





9 días máis tarde...






AS BATEAS DA RÍA DE AROUSA

Hoxe aprendimos un montón sobre as bateas da nosa Ría de Arousa: como se fabrican, para que serven, que hai debaixo dunha batea... Mirade os vídeos se queredes aprender con nós.























martes, 22 de novembro de 2016

UN CAMIÑO CHEO DE SENTIDOS

Un camiño cheo de sentidos é o que acaban de facer dous homes brasileiros, un deles cego. O guía fixo de ollos para o seu compañeiro cego, que percibía polo oído, polo tacto e polo olfacto información que lle transmitía ao primeiro e que de facer o camiño só, nin se decataría.

Na Voz de Galicia podedes ler toda a noticia e no vídeo coñecer aos protagonistas desta historia do Camiño de Santiago.


OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O TACTO


Despois de ver o vídeo, experimentamos co noso tacto. As plumas do plumeiro fixéronnos cóxegas, a pelota saltarina era suave pero a de golf era rugosa. Os máis valientes meteron a man na caixa de Que será, será... e tentaron adiviñar tocando que había dentro. 






luns, 21 de novembro de 2016

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA

Un ano máis o Concello de Ribadumia convoca o Concurso de Postais de Nadal e nós tamén participamos coas nosas propostas.








20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 Hoxe reflexionamos sobre os Dereitos dos nenos e das nenas: dereito á vivenda, á educación, a ter unha familia, a non pasar fame, a vivir en paz...  Na nosa biblioteca temos unha colección de dez contos e cada un centra a súa historia nun dereito. En O neno sen nome, coñecimos a Uxío, un meniño que logo dun accidente perdeu a memoria e non sabía o seu nome, nin de onde viña, nin onde estaba a súa familia.O dereito a ter un nome e unha nacionalidade é un dos Dereitos de todos os nenos e nenas.

venres, 18 de novembro de 2016

A DE AUGA



Plin Plin Plin Pinga!
Plin Plin Plin Chove!

Xoán Babarro e Ana María Fernández cántanlle á choiva no A de Auga e nós fixemos un parauguiñas cunha parte do poema.



martes, 15 de novembro de 2016

OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O OLFACTO


Continuamos cos obradoiros relacionados cos sentidos, desta volta co sentido do olfacto. Despois de ver o vídeo, e cos ollos pechados, tentamos adiviñar que alimento contiñan os botes que nos poñía diante o compañeiro empregando unicamente o sentido do olfacto.






Despois por parellas fomos preguntándonos se nos gustaba ou non o cheiro do chourizo, da cebola... e apuntámolo no cadro. 




E tamén fixemos un colar aromático de eucalipto coa axuda da profe Ana! 



E mirade que máquina máxica que aromatiza o que lle metes dentro. Probamos con corazóns de fieltro e repartímolo para todos!



Un libro que cheira!