Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 30 de setembro de 2016

A BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA





Hoxe veunos visitar a Banda Municipal de Música de Ribadumia! Chegaron á nosa escola para amosarnos os seus instrumentos musicais, tocar, cantar e bailar con nós. Se queredes poñervos en contacto con eles e vos animades a aprender música dun xeito lúdico e divertido, picade aquí.

En mi tribu, los tambores
suenan como truenos ahuyentando a los leones...
Percutimos con el cuerpo,
hasta nuestros ríos puede ser un instrumento
Pum, pam
Pum, pam
pum, pum, pam, pam
pum, pum, pum, pum, pam, pam





domingo, 25 de setembro de 2016

EL ÚLTIMO DÍA DE VERANO

Chegou o OUTONO e recuperamos un conto da nosa biblioteca que nos gusta moito e se titula El último día de verano. Picade no título para ler a reseña.








mércores, 21 de setembro de 2016

A BIBLIOTECA DE LEIRO E A AULA DE NATUREZA

Hoxe Zapatocas, a mascota da biblioteca do CRA, veu facernos unha visita e traernos uns marcapáxinas que empregaremos á hora de facer o empréstito do libro os martes, día que imos a Leiro. Ademais, a profe Ana falounos de todo o que faremos na Aula de Natureza este curso e adiantounos que o vindeiro martes atoparemos unha "sorpresa" en Leiro.



xoves, 15 de setembro de 2016

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Pouco a pouco imos adaptándonos ao cole novo, facendo grupo e aprendendo a ser "maiores". Benvid@s á Escola de Ribadumia!




CAMPAÑA DE SAÚDE VISUAL

Un ano máis a Fundación Alain Afflelou pon a andar a Campaña de saúde visual de inicio de curso escolar. Se tedes nenos e nenas de entre 5 e 7 anos de idade, pedide cita para unha revisión+lentes (no caso de necesitalos) de balde. Picade na imaxe para máis información.


luns, 5 de setembro de 2016

2016-2017: CHEGA UN NOVO CURSO!

Chega setembro e con el un novo curso. O blog da nosa clase ábrese un ano máis para contarvos todo o que imos facendo no cole. E o primeiro será darvos a benvida ao CRA o vindeiro luns 12 de setembro nunha reunión informativa para as familias e o alumnado da Escola de Ribadumia que se celebrará ás 10 da mañá na nosa escola. Nesta reunión falaremos de temas de interese (período de adaptación, calendario escolar, material, horario...) e resolveremos todas as dúbidas que xurdan.

Non faltedes! Vémonos na escola o luns!