Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 30 de xaneiro de 2017

xoves, 19 de xaneiro de 2017

XOGAR A PENSAR CON FOTOGRAFÍAS

Hoxe ao entrar do patio tiñamos sorpresa: Juanita viñera visitarnos! Saudámola, dixémoslle cada un o noso nome e démoslle un bico e unha aperta.  Despois miramos na bolsa a ver que traía e vimos o cartel coas Normas para xogar a pensar. Revisámolas, comentámolas e unha vez aclaradas limos un pouco dun libro que falaba das xoaniñas: as partes do seu corpo, as súas cores, que comen... Logo sentamos diante da pantalla preparados para xogar a pensar cunha foto que nos trouxo Juanita:


Observámola e puxémonos a pensar...

Que aparece na foto?
H: Aparecen tres paraguas…tres señores con tres paraguas y uno con un corazón
U: Unhas nubes brancas, o ceo e uns homes e uns paraguas e un home cun globo de corazón.
B: As nubes, o ceo, un home de paraguas de forma de corazón
R: Un home que ten un globo de corazón e tamén paraguas.
A: Yo veo un señor con un globo de corazón.
E: Un paraguas, otro paraguas, un paraguas de corazón y otro paraguas
L: Un home cun globo cun paraguas de corazón
D: un home con paraguas e un corazón
Por que sabedes que son homes?
H: Porque llevan sombrero…
As mulleres non levan sombreiro?
U: Sí, algunhas si.
Entón que pensades: son homes ou mulleres?
U: Algúns son homes e algúns mulleres: o do corazón é unha chica e os dos paraguas son os chicos.
E por que o sabes ti?
U: Porque ás chicas lles gustan os corazóns
H rise
E aos homes non?
H:: Sí
U: Cando se namoran con as mozas…
E ti que dis, H? Son homes ou mulleres?
H: Unos son homes e outros mulleres.
Cales son homes e cales son mulleres?
H: Pues la del corazón y la del paraguas de la derecha son mulleres y los dos que faltan son homes.
E como o sabes? Explícanolo
H: Porque sí
B, ti que pensas, que son homes ou mulleres?
B: Mulleres
Todas mulleres?
B: Sí
Por que o sabes?
B: Yo que se…
R: Son todos homes.
L: Son homes
A: Son homes porque tienen un paraguas. La señora es la que tiene el globo de corazón. Yo lo sé.
E: Son homes.
R: Es que no tienen la cara.
Ah, non teñen cara. Quen lles ve a cara?
Todos: Nadie
A: No, porque está oscuro.
E estarán mirando para diante ou para atrás?
Varios: Para atrás.
E como o sabedes?
B: Porque eso no es así, por eso lo sabemos Están mirando para adiante.
H: Pues yo creo que para atrás.
D: Para diante
L:Para diante
E: Miran para diante, para aquí.
Cantas personas hai?
H: 4
Cantos paraugas hai?
R: 5
B: 4
H: 3
U: 3
R: 4
L: 4
A: 3
E: 3
H, ti que dixeches que hai 3 paraugas… cal non é un paraugas?
H: El del corazón. Es un globo.
U: Un globo e tres paraugas
D: tres paraugas e un corazón.
R: Hai un señor que tiene un globo
L: Eu penso que é un globo.
Como están os paraugas: abertos ou pechados?
Todos: abertoss
Para que terán os paraugas abertos?
H: Para sacar la foto
U: Para sacar fotos e para que non chova neles.
Está chovendo na foto?
U: Non
B: Non
R: Non
A: Non
E: Non
D: Non
Como está o ceo?
R: azul
Se nós mirásemos pola ventá e vísemos ese ceo, que tempo poñeríamos no calendario?
H: nublado
U: nublado
R: Sol e nubes
L: Sol, porque está detrás das nubes
E: sol e nubes
A: nubes.
D: nubes.
Por que están os paraugas abertos?
H: Para sacar la foto
B: Para que non lles dea o sol na cabeza.
O corazón para que serve?
H: Para tapar la cabeza
Tapa a cabeza?
B: Non
R: Non
Entón para que o ten?
R: para que salga por el aire
B: vaino soltar
(os demais están dacordo con que o vai soltar)
Os que dixeron antes que o corazón é un paraugas, que pasa se o solta?
H: que se cae al suelo
D: que vai polo aire
A: a mí cuando me escapa yo lo voy rápidamente
E se o solta e é un globo, que pasa?
H: Que va por el aire.
Imos pensar agora que o corazón é un globo. Onde irá esa persona co globo?
E: é un globo de corazón que escapa polo aire
A: Ao ceo, lo va a soltar
B: a unha viaxe, non sei onde.
Ti cando vas de viaxe levas un globo?
B: Non
H: A un parque
E que vai facer co globo no parque?
H: Va a jugar con él
U: Vai xogar ao parque co globo.
Imos pensar nun sitio ao que vaiades vós e que haxa globos
U: A un cumple dun amigo
H: A una fiesta
B: a una noria
R: A una fiesta
L: nun cumpleanos
A: en la fiesta
E: en la fiesta
D: nun cumple.
Imos volver pensar logo onde irá esa persona co globo de corazón
U: Á China
B: A Madrid
R: A Madrid
L: En Madrid vive Carlos.
Irá visitar a Carlos? A Carlos gústanlle os globos?
L: non, non sei
A: vai voar
E: vai a soltar
D: ás nubes
Van as catro personas ao mesmo sitio? Van xuntas?
Varios: Si
H: Non
Conócense?
H: non
U: non
B: si, viven na mesma familia porque os catro teñen sombreiro
Agora imos mirar as nubes que aparecen na foto. Alguén ve unha forma especial nas nubes? (vanse erguendo e debuxando co dedo na foto a forma do que ven, explicando os detalles)
H: Yo una estrella así, así y así.

U: unha tortuga na primeira nube
B: un dragón no medio
H: Yo lo veo, yo lo veo, es guay!
R: un dragón
A: un dinosaurio, la colita aquí
H: Yo no lo veo
A: Aquí la cabeza arriba de todo, aquí la colita y los ojos y la boca. Estos son los dientes.Y los bigotes aquí.
H: Yo no lo veo. A ver? Ah, ahora ya lo veo! Es que antes lo estaba tapando y no lo veía.
A: Y aquí la barriga
H: Yo veo otro dinosaurio
E: Un caracol. Así, la cabeza, y los ojos, los dientes y la barrigola
H: Ese es el dinosaurio que veía yo. Los dinosaurios no tienen dientes.
D: Un cocodrilo. La cabeza, la cola
H: Yo lo veo. Solo se le ve un trocito

Facemos a avaliación figuro analóxica para rematar a sesión. A todos lles gustou agás a D, que sinalou a cara seria.







Ao rematar avaliamos a sesión e Juanita púxonos unha tatuaxe de recordo. Grazas pola visita, Juanita! Agardámoste axiña!





O ARROAZ LOIS

Aquí temos outro arroaz máis comendo PANGA e tronco de nadal recheo de SURIMI e GAMBAS! A familia de Lois mandounos a receita do polbo á feira con patacas que ten unha pinta boísima! Temos que conseguir que nos diga a receita do tronco de nadal para preparalo a vindeira noiteboa!😉




O PEIXE ESPADA

Hoxe limos na prensa dixital de La Voz de Galicia unha noticia que nos sorprendeu moito: sabedes que o peixe espada bebé mide tan só 12 milímetros e que colle na punta dun dedo? E que despois medra e medra e medra e pode acadar ata os 4 metros de lonxitude? Impresionante! Case tanto como catro de nós!




martes, 17 de xaneiro de 2017

O LIBRO DA PAZ DE TODD PARR



¿Que é a PAZ? Neste conto que estamos lendo, Todd Parr danos unha visión da Paz como algo que podemos traballar todos os días, cousiñas cercanas que contribúen á PAZ e que podemos por en práctica desde xa. A primeira que atopamos é Paz é facer amigos novos: algo no que nós somos expertos. Estade atentos a esta entrada que imos ir engadindo máis!









luns, 16 de xaneiro de 2017

O ARROAZ BREIXO

Lembrades do que nos dicían Os Arroases da importancia de incorporar á nosa dieta os produtos do mar para estar sans e fortes? Pois os nenos e nenas da Escola de Ribadumia estanse convertindo nuns verdadeiros arroases! Comezamos con Breixo! 
Breixo mandounos unha foto comendo o bacallau ao forno que prepararon na súa casa. Se queredes probar a facelo na vosa, tamén nos trouxo a receita. Que pinta máis boa, Breixo!!





mércores, 11 de xaneiro de 2017

A PRAIA NO INVERNO: ANDAR ÁS CREBAS, PELÍCULAS, UN LIBRO E ARTE



Outro artigo moi interesante que aparece hoxe na Voz de la Escuela. Picade aquí para lelo completo.

MR. GOODFISH

Hoxe na Voz de Galicia, Na Voz de la escuela, aparecía un artigo interesante relacionado cos mares e a saúde do planeta. Nel coñecimos o programa Mr. Goodfish. Picade aquí e remitiravos á súa páxina web.

QUEN É MR. GOODFISH?
Mr. Goodfish é o nome dunha campaña que promove o consumo sostible de produtos mariños, presentada por tres acuarios baixo o amparo da World Ocean Network: Nausicaa-Centre da Mer, en Francia, o Acquario dei Genoa, en Italia e o Aquarium Finisterrae en España. En conxunto, atraen a máis de dous millóns e medio de visitantes cada ano.
Ademais dos patrocinadores da campaña en xeral (Planete de Mer e IUCN), moitos dos colaboradores destas institucións tanto a nivel rexional como nacional adheríronse á campaña Mr. Goodfish, tal é o caso do Lonxa da Coruña e Pescaldía (empresas pesqueiras) en España, peixerías e cadeas de venda polo miúdo por suposto restaurantes posuidores de estrelas Michelín… Todos eles colaboran para intentar cubrir na súa totalidade a cadea de custodia que vai do mar (ou do criadeiro) ata o prato.
TRABALLANDO xuntos
para que o día de MÁÑÁ
queden peixes no mar

¿Por que é importante Mr. Goodfish?
As reservas de peixe e doutros animais mariños non son ilimitadas. Moitos son vítimas da sobrepesca.
Seguindo os consellos de Mr. Goodfish, non só descubrirás novos e deliciosos produtos do mar, incluíndo peixes, mariscos e crustáceos, tamén descubrirás formas orixinais de variar as túas comidas e gozar do peixe de tempada.
Os consellos de Mr. Goodfish permitiranche comprar peixe e ao mesmo tempo, preservar os recursos pesqueiros. Con Mr. Goodfish, é posible ser un consumidor responsable e tamén axudar a fomentar o consumo sostible.
E por último, pero non menos importante, Mr. Goodfish ofrece receitas de peixe e marisco sinxelas e orixinais de Gastrónomas e restaurantes con estrelas Michelín; ¡sentarse a comer peixe e/ou marisco nunca volverá ser o mesmo!

¿A quen vai dirixido Mr. Goodfish?
> A calquera que goce comendo peixe, na casa ou no restaurante.
> Ás peixarías e restaurantes que venden e compran peixe

¿Como pode axudarche Mr. Goodfish?
Os consellos de Mr. Goodfish son sempre construtivos. Non hai reprimendas, só boas recomendacións sobre os produtos do mar que podes consumir e sentirte ben facéndoo, xa que proveñen de poboacións
abundantes e sas.
Mr. Goodfish publica unha lista de peixes e mariscos de tempada que respectan os talles mínimos das poboacións mariñas saudables. Ademais, permíteche escoller entre unha gran variedade de produtos pesqueiros, axudando deste modo a promover o desenvolvemento sostible.
A lista de especies recomendada por Mr. Goodfish é elaborada, para cada estación, por un Comité de Expertos que inclúe a un representante da industria pesqueira, a un científico, a un membro do sector comercial e a un científico da World Ocean Network.
> Se fas click aquí atoparás:
As especies recomendadas para cada época do ano por cada un dos membros, con fotografías e receitas.
Especies novas coas que poderás variar o teu menú, así como receitas sinxelas elaboradas por cociñeiros famosos.
Especies novas coas que poderás variar o teu menú,
así como receitas sinxelas elaboradas por cociñeiros famosos
www.nausicaa.frwww.acquariodigenova.itwww.casaciencias.org

luns, 9 de xaneiro de 2017

PLAN PROXECTA 2016-17 ALIMÉNTATE BEN: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Lembrades a proposta que levamos para á casa nas vacacións de Nadal? A nota dicía así e agora que estamos de volta están empezando a chegar receitas, fotos, cunchas... Aínda nos faltan por traer algúns! Non vos esquezades, que temos moito que aprender con toda a información que nos traiades!


Estimadas familias,
Ao longo deste curso 2016-17 estamos a desenvolver no noso CRA un proxecto anual relacionado con Galicia e o Camiño de Santiago. Ao mesmo tempo, por segundo ano consecutivo, participamos no Plan Proxecta Aliméntate ben, da Consellería, nas modalidades: Xermoliño, O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata.
Aproveitando que se achegan as datas de celebración do Nadal, nas que son tradicionais as festas e comidas familiares, pedimos a vosa colaboración para animar aos vosos fillos e fillas a probar os produtos do mar: peixes, mariscos, algas…e axudalos a cubrir a táboa que se adxunta. Se fose posible, facédelle algunha foto no momento de comelos e enviádeas ao correo electrónico da escoladeribadumia@gmail.com e se os produtos teñen cuncha (como poden ser vieiras, ameixas, mexillóns, navallas…) gardade unha e traédea ao cole á volta das vacacións.
En Galicia temos moitos produtos do mar que se cociñan de maneiras diferentes en cada zona (polbo á feira, pescada á galega, mexillóns ao vapor, empanada de xoubas…) Se na casa e na vosa familia cociñades este Nadal algún peixe ou marisco cunha receita de sempre que vos guste moito, escribídea na ficha adxunta e non esquezades facerlle unha foto!
Moitas grazas pola vosa axuda e colaboración e Bo Nadal!

As titoras


E aquí temos as táboas con todos os peixes e mariscos que fomos probando este Nadal. Canta variedade! Moi ben Arroases!!









XA CHEGOU O APALPADOR!

Día de reencontros no cole e de moito que contar. As vacacións deron para moito! Na mesa das mochilas agardábanos unha sorpresa máis... Os agasallos do Apalpador! E unha casiña que non era de madeira (supoñemos que a deixou Papá Noel ou os Reis...). Moitas grazas! Encantáronnos!