Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 22 de marzo de 2024

DONAS DE SI, PRIMAVERA E SORRISOS

 Este curso participamos no Plan Proxecta + Donas de si poñendo en valor as mulleres en todo tipo de ámbitos: Gómez (ilustración), Rosalía de Castro (escritora e poeta), Lidia Cao (muralista), Daniela (pirata) e moitas máis. Hoxe coñecimos a oceanógrafa Ángeles Alvariño da man de Quique e Tania, que nos contaron a súa biografía e nos ensinaron a facer un retrato dela.







Procuramos ovos de chocolate para celebrar a chegada da primavera.










E rematamos a mañá revisando a importancia dunha boa hixiene dental para medrar sans. Moitas grazas a Maruxa pola súa visita!


Volvemos despois das vacacións o 2 de abril (a Leiro, que é martes!) Que o pasedes moi ben e collades moita enerxía para o último trimestre de curso. Felices Pascuas!

xoves, 21 de marzo de 2024

RIMAS, POESÍA... ¿Y EL DOMINGO?

Seguindo o Calendario do libro e da lectura 2024, o 21 de marzo é o día da poesía. Nós levamos uns días lendo o conto ¿Y el domingo?, da Editorial Combel que está cheo de rimas. Hoxe estivemos buscándoas en grupo e despois ao acabar xuntamos todas para poder recitalo, contalo e cantalo completo. Deixámosvos un vídeo onde a podedes escoitar. Feliz día da poesía!







A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ!

 E que mellor maneira de celebrala que merendando fóra. Benvida, primavera!







DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Síndrome de Down e nós quixemos poñer o noso gran de area para darlle visibilidade e apoio. Vimos os vídeos do ano pasado e cos nosos calcetíns desparellos simulamos facer un camiño polo que toda persoa que teña que pasar por el se sinta cómoda e segura. 






Tamén vimos un vídeo onde 50 nais cos seus fillos e fillas que teñen Síndrome de Down cantan no coche e signan a canción A thousand years de Christina Perri. Quedamos pegados á pantalla véndoos...





mércores, 20 de marzo de 2024

BENVIDA, PRIMAVERA!

 



Hoxe recibimos a nova estación levando para á casa os traballos do segundo trimestre e a sorpresa de Pascua que andivemos preparando coa profe Olalla: unha galiña, un pitiño e ovos de chocolate! Benvida, primavera!











MÁIS COMEFROITAS DO MES DE MARZO!

 


martes, 19 de marzo de 2024

IMOS AO MUSICAL DO REI LEÓN!

 





Hoxe fomos ver o musical do Rei León ao Auditorio de Vilagarcía. Pasámolo moi ben! Hakuna Matata!








OS AVIÓNS DE ADÁN


 Adán trouxo da casa unha bolsa chea de avións de cores para repartir. Que bo rato pasamos facéndoos voar! Moitas grazas a Adán e a súa familia por lembrarvos de nós. Gustáronnos moitísimo!








sábado, 16 de marzo de 2024

O MAPA DO TESOURO


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer o mapa de tesouro. E o primeiro en chegar foi o da pirata Aroa, preparada para ir buscalo. Moitas grazas a todas por participar!


Aroa e o seu mapa do tesouro

Van chegando máis mapas, piratas! O tesouro está a piques de aparecer!

Adán e o seu mapa do tesouro


O mapa do tesouro de Adán


Lara e o seu mapa do tesouro

xoves, 14 de marzo de 2024

A PATACA DE LARA


 Lara levaba dicíndonos varios días que tiña unha pataca moi grande na súa casa e que quería traela ao cole. O martes tróuxoa a Leiro e estivemos vendo as raíces e o grande que estaba. Seguro que en Leiro e cos coidados de todos os nenos e da profe Ana vai medrar moito máis. Moitas grazas a Lara e a súa familia por compartila con nós! Picade aquí para ir ao blog de Natureza e ver como a plantaron.