Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 30 de setembro de 2020

FAITE SOCIO DA ANPA DO CRA DE RIBADUMIA!

 Deixámosvos toda a información para facervos socios da ANPA do CRA de Ribadumia. Desde hai anos a ANPA vén facendo un labor fundamental organizando actividades, dando charlas, aportando material e axudas, conseguindo melloras, colaborando co cole... 

Para unirvos á ANPA e facervos socios, picade na imaxe. Se queredes visitar o seu Facebook, picade aquí.




OUTONO MARRÓN E AMARELO

 A profe Marina aprendeunos unha canción do outono que nos gustou moito. Hoxe sacamos os rotus e as témperas e a pintar!






CANS QUE DETECTAN O CORONAVIRUS

 




Traballando coa prensa, unha noticia chamounos a atención. Están entrenando uns cans para que detecten co olfacto o coronavirus en dez segundos. Neste proxecto, que están a desenvolver no aeroporto de Helsinki, participan científicas e ata o de agora faise con voluntarios. Se queredes saber máis, picade nas noticias e mirade o vídeo.




luns, 28 de setembro de 2020

CUMPLES DO MES DE SETEMBRO

 





O ano pasado cando investigamos o Universo aprendimos que a Terra tarda un ano en dar a volta completa ao Sol. Cada vez que celebramos o noso aniversario, pasa un ano máis e sumamos unha nova volta. No mes de setembro, Marta fixo 5 e Luciana acaba de facer 4. Cantamos con elas e contamos as voltas que deu a Terra ao Sol desde que naceron. Parabéns, raíñas!

sábado, 26 de setembro de 2020

mércores, 23 de setembro de 2020

CANTOS CARACOIS!

 Cando saimos ao patio aparecen animais pequerrechiños por todas partes. Un dos que máis nos chama a atención é o caracol. Hoxe Martín atopou un, construiulle unha casiña e coidouno con moito agarimo.





A TARTARUGA BORJA

 Onte puidemos comprobar canto medrou a tartaruga Borja desde o mes de marzo que deixamos de vela. Case non parece a mesma tartaruga! Custounos recoñecela porque está enorme. Hoxe quixemos facela con plastilina e quedounos moi colorida.





martes, 1 de setembro de 2020

COMEZO CURSO 2020-2021




Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro día nun entorno seguro. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos de posibles novidades e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Consellería establecen un comezo  gradual como recolle a seguinte resolución: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf. Tendo en conta isto, na nosa aula os nenos e nenas de 3 e 4 anos  incorporaranse o día 10 de setembro (3 anos, seguindo o horario do período de adaptación, de 11 a 13 horas, e 4 anos de 9:00 a 13:45 horas)  e os nenos e nenas de 5 anos, o día 11 de setembro en horario de 9:00 a 13:45 horas.