Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de outubro de 2012

ZAPATOCAS EN EXIPTO

Hoxe ZAPATOCAS tíñanos unha sorpresa. Como sabía que FÉLIX andaba de aventura por EXIPTO, buscou todos os libros que falan sobre EXIPTO que hai na biblioteca de Leiro para que puidésemos miralos. Quedamos abraiados coa cantidade de información que tiñan sobre EXIPTO:  MOMIAS, PIRÁMIDES...ían aparecendo como por arte de maxia. Un dos libros que máis nos gustou foi: EL GRAN LIBRO DE EGIPTO, cheo de pop-ups. Aprendimos cousas como que para facer unha momia antes "salgaban" o corpo, que metían os órganos nos vasos canopos, que o gato-can león do que falaba Félix chámase Esfinxe... Pouquiño a pouco imos mergullándonos na historia do Antigo Exipto.
 
 

venres, 26 de outubro de 2012

AS PIRÁMIDES DE GIZEH

Félix fálanos na súa carta desde EXIPTO das PIRÁMIDES e dun GATO-CAN-LEÓN  que parece estar coidando unha delas. Nós puxémonos a investigar e descubrimos que Gizeh é o nome da NECRÓPOLIS DO CAIRO. Nela levántanse as PIRÁMIDES de: MICERINO, KEFRÉN e KEOPS. O do GATO-CAN-LEÓN temos que seguir investigando... Polo de agora estamos a pintar as nosas propias pirámides. O que aínda non nos entra na cabeza é como o papel que estamos a pintar se pode convertir nunha pirámide!
 
 
 
 
 
 
 


CUMPLE DE OUTUBRO: NOA

 
 
Hoxe tivemos a festa de cumple de NOA. O día 1 de outubro cumpliu 3 aniños! E como xa é unha moza fíxonos unha tarta riquísima para convidarnos e logo...festa rachada! Parabéns, NOA!!


xoves, 25 de outubro de 2012

SEMENTES DE PENSAMENTO

 
 
 
No blogue de natureza podedes ver as nosas fotos plantando sementes de PENSAMENTO coa profe Ana. Temos ata un vídeo de Anxo sementando! Picade no enlace para ver as fotos e o vídeo:

http://blogdenatureza.blogspot.com.es/2012/10/sementes-de-pensamento.html

http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=90

OS NOSOS NOMES

Unha das palabras coa que nos sentimos máis a gustiño e que máis nos gusta é...O NOSO NOME! E tamén os dos compañeiros e compañeiras do cole. Así que hoxe estivemos xogando cun libro que fixo a profe no que están os nosos nomes e temos que buscar:
 
- A inicial.
- A foto correspondente.
- O número de letras que ten o nome.
 
Vai dar moito xogo este libriño!
 
 

SAÍMOS AO PATIO!!!!

Que marabilla poder saír ao patio con algo de soliño! Mirade que ben o pasamos!
 
 

mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA


Era unha vez unha meniña á que lle gustaba moito mirar a lúa polas noites. Únha noite de lúa chea  pensou que había moitas cousas que non sabía da lúa: por que un día ten forma de queixo e outro de plátano? Podo tocala se subo a unha escada moi alta? A que saberá a lúa?...
E como podía aprender todo iso da lúa? Ela tiña libros e contos que falaban da lúa. Pois claro! Nos libros! E onde había moitos libros? Na biblioteca!! E alí atopou canta información podía imaxinar sobre a lúa: nos libros, nos xornais, nos ordenadores de consulta,... E desde aquel día a biblioteca convertiuse nun dos seus lugares favoritos, onde os seus amigos os libros agardaban impacientes compartir as súas marabillosas historias con ela.

Hoxe colgamos este cartel na nosa biblioteca do cole. Co convencemento de que a biblioteca é un lugar onde disfrutar na boa compañía dun libro, onde abraiarnos coas historias que contan, onde aprender e onde descubrir e conquistar novos horizontes.

Feliz Día da biblioteca!!

martes, 23 de outubro de 2012

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este curso temos biblioteca nova na sede do CRA, en Leiro. Logo das obras do verán, atopámonos cunha biblioteca máis ampla e máis bonita onde podemos disfrutar lendo calquera dos centos de contos que con tanto agarimo coida ZAPATOCAS para que nós podamos mergullarnos nas súas historias e levalos en empréstito á casa para compartilos coas nosas familias.

Co gallo do Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, hoxe co libro que levamos á casa atoparemos un tríptico: GUÍA DO USUARIO, co que o equipo de biblioteca pretende dar a coñecer ás nosas familias o funcionamento da nosa biblioteca e do servizo de empréstito. Todos os fondos cos que conta están á vosa disposición. Non dubidedes en facer uso deste servizo e desfrutade moito lendo!

OSIÑOS E A BANDEIRA PIRATA




















Hoxe deixámosvos un resumo de todo o que fixemos a partir da lectura do conto O ESQUELETO. E como remate final OSIÑOS propúxonos facer unha bandeira pirata emprestándonos parte dos seus ósos: a caveira e as tibias das pernas (que xa non escacha grazas á boísima idea da súa familia de que xogue ao fútbol cun globo).
 
 
 
 

luns, 22 de outubro de 2012

A CARTA DE FÉLIX DESDE EXIPTO


 
 
 
 
Aproveitando que FÉLIX enviou unha carta, aprendimos cousiñas sobre como se chama quen envía unha carta, como se chama quen a recibe, que é o selo,... Pero o que realmente nos importaba era o que viña dentro: A CARTA DE FÉLIX DESDE EXIPTO, na que fala do DESERTO, de CAMELOS, de PIRÁMIDES, do NILO, dos REIS DE EXIPTO, de TESOUROS e dun GATO-CAN-LEÓN que parece estar gardando unha pirámide. Esta aventura exipcia estase poñendo cada vez máis interesante!!

venres, 19 de outubro de 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA: ARAÑAS DE GALLETA



 

Estamos achegándonos ao Samaín, no cole veñen visitarnos unha chea de monstros en forma de libro, vídeo, canción... e hoxe quixemos facerlles unha homenaxe cunha receita monstrosa: ARAÑAS DE GALLETA. Estábamos merendando cando a profe dixo que logo da merenda íamos comer arañas. Moitos puxemos cara de noxo, outros dixemos que a nós as arañas non nos gustaban pero algún axiña se apuntou á sobremesa. Dunha bolsa foron saindo os ingredentes: GALLETAS, FIDEOS DE GOMINOLA  e LACASITOS. E como facemos unha araña con todo iso? Non tedes máis que ver as fotos e o éxito da receita!

FÉLIX VAI EN CAMELO


No deserto FÉLIX desprázase en CAMELO para visitar as PIRÁMIDES.
 
Hoxe aprendimos que os CAMELOS teñen dúas xorobas e os DROMEDARIOS só unha.
 
Alguén lembrou que os REIS MAGOS tamén viaxan en CAMELOS... Iso si que nos interesou!

xoves, 18 de outubro de 2012

TEMPO DE OUTONO









Seguimos con tempo outonal, falando dos froitos deste tempo: castañas e noces, de folliñas no chan... Xa se nota máis frío e os percheiros vanse enchendo de roupa de abrigo, segue chovendo e fai máis humidade... Cousas deste tempo!

mércores, 17 de outubro de 2012

INVASIÓN DE ESQUELETOS!!

Como nos gustan as cancións dos esqueletos. Temos ata versión en francés! (Podedes escoitalas nos seguintes enlaces: Los Esqueletos, La chanson des squelettes, La canción de los esqueletos).  E ademais hoxe os maiores montamos un moi divertido. Que meeeeedo!!!
 
 



martes, 16 de outubro de 2012

FÉLIX ESTÁ EN... EXIPTO!

 
 
Pois si, amiguiños e amiguiñas, xa descubrimos onde está FÉLIX! Logo de ler a carta que enviou puidemos saber que anda de aventura por EXIPTO. E onde está EXIPTO? Comezamos a investigar e atopamos un montón de información. Xa sabemos que é un país de ÁFRICA, que a súa capital é O CAIRO e que a súa bandeira ten tres cores: VERMELLA, BRANCA e NEGRA, cunha AGUIA DOURADA no medio.
 
Pero a cousa non acaba aquí. Aínda temos que seguir investigando todo o que conta FÉLIX na súa carta. Seguide atentos!

Se queredes coñecer as aventuras de FÉLIX ao longo do curso pasado en LONDRES, PARÍS e ROMA, picade nos nomes de cada cidade.

O ESQUELETO

Hoxe aprendimos con ZAPATOCAS e o conto do ESQUELETO un pouco máis sobre este conto da biblioteca: a cor da pegatina, a Editorial, o título, a colección á que pertence... Grazas á educación documental imos ubicándonos no complexo mundo das bibliotecas e o seu funcionamento.
 
 

luns, 15 de outubro de 2012

O PELELLIÑO PANTASMA

Xa sabedes que os Pelelliños andan a visitarnos este curso. O último que veu polo cole foi O PELELLIÑO PANTASMA, un entusiasta do xogo das agachadas e da letra U.

BENVID@S AO NOSO BLOG

Hoxe estamos de estrea! Durante o curso 2012-2013 poderedes seguir as nosas andainas no cole neste novo blog. Non deixedes de visitarnos e de compartir connosco o que imos aprendendo cada día. Benvid@s!!
 
Podedes visitar o noso antigo blog no seguinte enderezo: http://ribadumiapequenos.blogspot.com.es/