Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 27 de febreiro de 2023

NATUREZA FERMOSA, A MESMA ETERNAMENTE

 Que pode ter que ver Rosalía de Castro co noso proxecto anual da Prehistoria? Pois o respecto e o amor pola natureza. 

O poema de Rosalía fala de rosas e caraveis, fala de parras e "pámpanos", fala de árbores cubertas de follas verdes. Fala, en fin, desa natureza que desde o principio dos tempos nos dá vida e alimenta e da importancia de coidala para que siga perdurando no tempo.









domingo, 26 de febreiro de 2023

CALDO DE GLORIA

 O pasado 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía e como non podía ser doutra forma, na proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana quixemos unirnos á iniciativa do Caldo de Gloria. Recitamos o poema Miña casiña, meu lar e vimos o vídeo do cociñeiro Xanqui Ameixeiras, onde prepara o saboroso caldo na Casa de Rosalía en Padrón. 


A primeira en mandar o seu caldiño foi Sofía, collendo forzas para ir celebrar o Entroido á tarde coa súa famila. De seguro que o van pasar requetebén! Moitas grazas por participar! 

Sofía e o seu Caldo de Gloria


O Caldo de Gloria de Manu con todos
os seus ingredientes saborosos

venres, 24 de febreiro de 2023

xoves, 23 de febreiro de 2023

IMOS AO GROVE!

 Dentro do programa Ti si que es un bo peixe, incluído no Plan Proxecta+ Aliméntate Ben, fomos de excursión ao porto do Grove. Alí recibíronos para levarnos á lonxa e coñecer como funciona unha poxa. Despois visitamos a praza de abastos, onde as peixeiras nos amosaron toda a variedade de peixe que tiñan e rematamos a mañá cunha saborosa merenda mariñeira. 



















domingo, 19 de febreiro de 2023

FESTIVAL DE ENTROIDO 2023

 O venres 17 de febreiro celebramos no Auditorio de Ribadumia o festival de Entroido. O tema era a Prehistoria e as rúas enchéronse de trogloditas, mamuts e dinosauros. Unha mañá chea de maxia, bailes e música. 

Moitas grazas ás familias por preparar os disfraces e participar con tanto agarimo. E pola merenda! Moitas grazas tamén á ANPA do CRA de Ribadumia polas decoracións. Quedaron verdaderamente espectaculares! 

Que teñades uns moi felices días de Entroido!

































domingo, 12 de febreiro de 2023

CARAS DE FILLOAS

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana xa cheira a Entroido: facer caras de filloas. A ver que caras divertidas nos saen! 

Primeiro probamos co que tiñamos no recuncho da cociña para que ao chegar á casa xa tivésemos algunha idea.



E á hora de poñerse a cociñar...saíron caras de filloas tan divertidas coma estas! Moitas grazas a todas por participar!

Alma e as súas filloas

Vaia cara de filloa ben divertida lle saíu!

Aroa aproveitou que foi a un pintacaras
e colleu ideas para facer a súa cara de filloa

Sofía e Elisa puxeron caras divertidas
para acompañar a cara de filloa

Cara de filloa coa lingua fóra!



Valeria e as súas caras de filloas


Adán preparando as súa cara de filloa



A cara de filloa de Adán