Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de febreiro de 2014

FESTA DE ENTROIDO

Hoxe celebramos en Leiro a festa de Entroido. Ao longo do primeiro trimestre estivemos traballando Xapón e decidimos que os disfraces ían ser relacionados con algo que nos gustase moito de todo o que aprendimos sobre este país. Na nosa escola quedamos abraiados coas carpas Koi: a súa lenda, a multitude de cores que poden ter, as que trouxo a profe Ana para o estanque de Leiro...así que decidimos disfrazarnos de carpas. Levounos moito traballo facer as escamas para o traxe e tamén o sombreiro pero o resultado mereceu a pena (non tedes máis que ver canto paparazzi no desfile!). Moitas grazas ás familias dos nenos e nenas de 3 anos, que foron as que fixeron a merenda. Filloas, orellas, rosquillas, flores de Entroido, biscoitos...todo estaba boísimo!! Aquí vos deixamos as fotos. Felices vacacións de Entroido e vémonos á volta, o xoves 6 de marzo.






xoves, 27 de febreiro de 2014

luns, 24 de febreiro de 2014

UN VERSO E UNHA FLOR NO DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febrero celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde o noso cole quixemos participar nas numerosas homenaxes ( enlace á noticia de La Voz de Galicia) que se fixeron a esta ilustre poetisa galega cunhas flores moi especiais, cheas de versos dos seus poemas. Cada un escollemos una folliña cun verso e montamos a nosa flor. Versos que falan de paxaros, de ríos e montes, de costureiriñas, de gaitas e pandeiros..."Profe, profe, le a que me tocou a min a ver que pon!"
 
 
 
 
 
 
 
 

O MECO MANDA... TRAER ALGO NA CABEZA


sábado, 22 de febreiro de 2014

O MECO MANDA...

 
A vindeira semana é a semana de Entroido. Xa desde o luns comezamos co xogo: O MECO MANDA... Cada día temos que traer o que nos diga o Meco. Non podemos esquecernos, temos que participar todos para así pasalo mellor, tamén as nosas familias!!
 
Mentres, como cada curso, xa temos preparado o noso libro de disfraces. Eliximos un, apuntamos o noso nome e o nome do que imos disfrazados e a profe fixo o libro. Aquí vos deixamos as fotos, a ver se nos coñecedes...
 
 

 
 
 
 

LEMOS E ESCRIBIMOS COS FOLLETOS DE PUBLICIDADE DO SÚPER

 
O venres  os maiores empregamos folletos do súper para facer unha actividade que nos gustou moito. Primeiro a profe escribiu seis palabras diferentes para cada un nun papel e nós tiñamos que lelas e buscar no folleto do súper a foto correspondente para pegala debaixo. Na segunda parte da actividade, escollemos as fotos que máis nos gustaron do folleto, recortámolas, pegámolas nun folio e tentamos poñer soíños o nome de cada unha debaixo. Pouco a pouco imos lendo e escribindo cada vez mellor. Algún dixo que lle ía dicir a súa mamá que o podían facer na casa. Claro que si! Seguro que o facedes moi ben!

xoves, 20 de febreiro de 2014

AUTORRETRATO DE FRIDA KAHLO CON XIZ

Con xiz de cores coloreamos hoxe o autorretrato de Frida Kahlo. O resultado foi moi diferente ao das ceras, ou rotus, mesmo témperas... Un experimento divertido no que todos participamos con moitas ganas.
 
 

RECUNCHO DO POLO NORTE

Ao longo desta semana foron chegando desde as nosas casas todo o que fomos atopando relacionado co Polo Norte. Rodrigo trouxo dous contos: un de osos polares e outro da Raíña das neves, e dous peluches: un oso polar e un reno. Irene trouxo un iglú cun trineo tirado por dous cans que nos fascinou. Sofía un atlas cun mapa e unha chea de información sobre o Polo Norte. Anxo dous osos polares e un pingüino despistado. Felipe una manta cunha familia de osos polares, un osiño polar e outro pingüino que se confundiu de Polo...



SEGUIMOS TRABALLANDO NOS NOSOS DISFRACES

Aquí nos tedes, pintando, recortando... nos disfraces. Cada vez queda menos tempo e hai que telos preparados para dentro de nada!! Mañá levaremos as ordes do Meco, a ver que sorpresas nos ten preparadas...
 
 

xoves, 13 de febreiro de 2014

COÑECEMOS A...FRIDA KAHLO

 
 
Lembrades o mural que fixemos para o Día da Paz? Pois agora andamos a investigar e a aprender algo máis da súa autora: FRIDA KAHLO. Xa sabemos que foi una artista mexicana e que lle gustaba moito facer autorretratos. Nós tamén quixemos probar, mirando a nosa foto, a facer un autorretrato. Houbo que fixarse moito: a cor do pelo, a dos ollos, a da roupa... Tiñamos que quedar ben guapos!!!
 

 

SAÍMOS AO PATIO!!

Que ganas tiñamos de saír ao patio! Non podiamos crer que deixara de chover e non houbese pozas! Botamos a correr, xogamos coa area,... "Profe, fainos una foto cos castelos, que nos quedaron moi bonitos!!!"
 
 

martes, 11 de febreiro de 2014

PORQUE TE QUERO TANTO!

 
Hoxe en Leiro lembramos a carta que nos mandou Félix desde o Polo Norte e falamos dos animais que dixo que foi atopando: oso polar, morsa e foca, algún deles coas súas crías. Despois limos un libro no que Osiño e a súa mamá contan como pescan no xeo, por que neva, por que a neve é branca e máis que nada, canto se queren. Gustounos moito tocar a Osiño nas ilustracións porque ten un tacto especialmente suave. E despois debuxámolos así de bonitos.
 
 
 
 

PEACE

Onte Irene veu ao cole cun gorro que nos gustou moito, non só polo quentiño que semella, senón pola palabra tan bonita que trae escrita: PEACE. Xa nos explicou ela que significa PAZ en inglés. Como nos gusta, en calquera lingua!!!

MEDRAMOS

 
Cada nova estación facemos una foto de grupo para ver como imos medrando. Desta volta tardamos porque cando non era un compañeiro era outro o que non viña por estar maliño e nós queríamos facer a foto todos. Por fin conseguimos xuntarnos e aquí estamos, en inverno, cada vez máis grandes!

mércores, 5 de febreiro de 2014

COCINA SANA PARA LOS PEQUES Y TODA LA FAMILIA

http://webfacil.tinet.org/usuaris/jcornado/alimentacio_rioja_20110323101449.pdf

Hoxe, no suplemento La Voz de la escuela da Voz de Galicia, podemos atopar un enlace moi interesante onde descargar de balde o libro: Cocina sana para los peques...y toda la familia. Picade na imaxe se queredes desfrutar coas súas receitas, consellos e propostas.

FÉLIX NO POLO NORTE



A que non sabedes desde onde escribiu Félix a súa nova carta? Desde o Polo Norte!! E nós comezamos a falar sobre o que sabiamos do Polo Norte e despois de que nos gustaría que Félix investigase (xa que está alí, seguro que non lle importa) e que logo nos conte.





martes, 4 de febreiro de 2014

INVERNO

 
Xa cando voltamos das vacacións de Nadal, cambiamos as letras do OUTONO polas do INVERNO (había que ordealas antes de colocalas!). Estamos metidos de cheo na estación máis fría do ano e nestes días de choiva e vento que non podemos saír ao patio...cantámoslle ao inverno! A profe Rosana aprendeunos unha canción e a profe Marta, outra. Cantades con nós?
 
 
 

MENOS DUN MES PARA A FESTA DE ENTROIDO

Pois si, o 28 de febreiro é a festa do Entroido e xa andamos a preparar os disfraces. Hai que facelos con tempo, que dan moito traballiño! Deixámosvos unha foto, a ver se adiviñades de que imos ir disfrazados na Escola de Ribadumia.

SAYONARA, FÉLIX!

Félix despediuse de Sakura e deixou Xapón rumbo a outro destino no que seguir coñecendo mundo. Hoxe levamos o noso Proxecto de Xapón debaixo do brazo para a casa e xa podemos compartilo coas nosas familias. Aquí vos deixamos as últimas cousiñas que coñecemos de Xapón: o tren bala, o emperador e a emperatriz, a súa moeda o ien, o Camiño Kumano Kodo ( "irmán xaponés" do camino de Santiago) e os debuxos animados que vemos nas nosas teles e que son xaponeses como Sakura. Moitas grazas, Félix! Xa estamos agardando impacientes as túas novas desde outro lugar do mapa. Boa viaxe!

luns, 3 de febreiro de 2014

PLASTILINEANDO O NOSO NOME


O MONTE FUJI

O monte Fuji un volcán que está en Xapón. Mide 3776 metros, sendo o pico máis alto da illa. Considérase sagrado desde a Antigüidade e aparece recurrentemente na arte xaponesa, nos poemas e na literatura en xeral. Nós atopamos na prensa una noticia na que un home-paxaro sobrevoa o Monte Fuji que nos chamou moito a atención. Mirade o vídeo, que impresionante.