Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de febreiro de 2020

QUE FAI FALTA?




Gianni Rodari traenos este conto cheo de poesía con ilustracións de Silvia Bonnani, que emprega a técnica do collage. Tanto nos gustou que probamos a facela nós con xornais. 




sábado, 22 de febreiro de 2020

FESTIVAL ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro celebramos o festival de Entroido do CRA no Auditorio de Ribadumia. O tema deste ano era o Universo e nós eliximos ir disfrazados de marcianos e marcianas. Moitísimas grazas a todas as familias por participar e preparar os disfraces con tanto agarimo. E por acompañarnos neste día de festa!
Voltamos ao cole o xoves 27 de febreiro. Feliz Entroido!

























xoves, 20 de febreiro de 2020

CONTO DE ENTROIDO: MISIÓN ESPACIAL ALÁ IMOS!

Deixámosvos en primicia o noso conto de Entroido do ano 2020! Primeiro as fotos de como o fixemos e despois o vídeo coa fantástica historia: MISIÓN ESPACIAL ALÁ IMOS!, inventada, escrita e coloreada por nós. Agardamos que vos guste!











O MECO MANDA... PINTAR AS UÑAS DE CORES!



martes, 18 de febreiro de 2020

O LOBO, A LÚA E O CAFÉ MODERNO

Hoxe chegamos ao cole con moitas ganas de ir no autobús a Pontevedra. No Auditorio Afundación agardábannos os monicreques de Baobab teatro: O lobo e a lúa. Gustáronnos moitísimo! Despois merendamos e fomos xogar un pouco a unha praza que había moi pretiño de alí. Á hora acordada, puxemos rumbo ao Café Moderno, onde aprendimos moito sobre o edificio, que xa ten 118 anos! Materiais como a madeira, o ferro e o coiro aparecen como por arte de maxia no edificio que foi o primeiro cine de Pontevedra e ao que chegaba a xente en tranvía. Cadros xigantes e murais pintados por Laxeiro visten as paredes e espellos tan grandes que chegan ao teito levan máis de cen anos reflectindo todo o que alí pasa. No ano 2000, o arquitecto portugués Álvaro Siza, médico de edificios, namorouse do Café Moderno e reformouno para curarlle as feridas que fora facendo nel o paso do tempo. Ata deseñou unhas butacas nas que hoxe sentamos para comprobar que seguen sendo igual de cómodas que hai vinte anos. 
Para rematar a visita, convertímonos en deseñadores do noso cuarto. E chegou a hora de voltar á casa. Algún quedou a durmir no autobús de volta. E é que despois dunha mañá tan atarefada, estabamos cansadiños!








O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro - Tráiler from BAOBABTEATRO on Vimeo.








venres, 14 de febreiro de 2020

AS ORDES DO MECO PARA A SEMANA DE ENTROIDO (17-21 de febreiro)


LUNS 17 DE FEBREIRO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS


O vindeiro luns 17 de febreiro será a xornada de portas abertas do CRA de Ribadumia. Todas as familias estades convidadas a vir coñecer o noso cole cos vosos fillos e fillas. Agardámosvos!
Se non podedes vir ese día ou tedes calquera dúbida, podedes contactar con nós no teléfono 666410195.



NOMES EN AZUL

E se estreamos plastilina azul? E se poñemos os nomes? E se despois de escribilos poñémoslles po de estrelas como se estivesen escritos no ceo? Cada un á súa maneira, fermosa variedade!  









xoves, 13 de febreiro de 2020

XUNTANZA EN LEIRO

Na xuntanza de hoxe en Leiro tivemos a sorte de ter os cociñeiros amigos dos Arroases que viñeron poñerlles as pilas aos nosos bocatas para merendar. Maruxa, do Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia amosounos como coidar os nosos dentes e a nosa saúde. Rematamos a mañá co contacontos que prepararon Montse e Jose cheo de marcianos, superheroes, galletas de xenxibre e moita, moita música. Grazas a todos os que fixéchedes posible esta xornada de xuntanza!