Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 31 de marzo de 2016

O "LECTORIÑO" VOLTA A VILAGARCÍA




A mostra de literatura infantil e xuvenil Lectoriño celébrase esta fin de semana en Vilagarcía homenaxeando a Valle Inclán no seu 150 aniversario. Contacontos, exposicións e toda unha chea de actividades relacionadas cos libros comezarán o día 2 de abril coincidindo coa celebración Internacional do Día do Libro Infantil. Non deixedes de ir! Todas as actividades son libres e de balde. Neste enlace podedes ler a noticia no Faro de Vigo de hoxe e na páxina do Concello de Vilagarcía tamén tedes toda a información.

XVII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Un ano máis o Salón do Libro, na súa 17ª edición abre as súas portas a partir de mañán 1 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ata o 23 de abril poderedes entrar no mundo da bichería participando nunha chea de actividades. Neste enlace podedes consultar o programa de cada día.




CHEGOU A PRIMAVERA!



venres, 18 de marzo de 2016

COELLIÑOS DE PASCUA

Hoxe rematamos o segundo trimestre, levamos os traballos e convertímonos en coelliños de Pascua desexosos de comer os oviños de chocolate. Voltamos á escola o martes 29 de marzo (a Leiro, non vos despistedes!). Que pasades unhas moi felices vacacións!



mércores, 16 de marzo de 2016

SÍMBOLOS DA NATUREZA PARA AS ILLAS CANARIAS

A Ley 7/1991, de 30 de abril, de símbolos de la naturaleza para las Islas Canarias estableceu símbolos animais e vexetais tomados da natureza para cada unha das illas do arquipélago e para toda a Rexión de xeito que se achegaran aos habitantes e conseguir así un maior cariño e respecto polos mesmos. Aquí e aquí tedes máis información.
Nós fixemos unhas tarxetas para aprendelos e integrámolos nun xogo con portas co que xogamos a adiviñar estes símbolos da natureza. Queredes poñer a proba a vosa memoria?




O NOSO LAPBOOK DE CANARIAS

Este trimestre estreamos un novo formato de aprendizaxe: o lapbook. Sabedes o que é un lapbook? Lapbook é unha palabra inglesa que significa Libro de solapas. Hai moita información en internet ( no blog de Meninheira vén moi ben explicado) sobre como facelos e despois dun tempo dándolle voltas, decidimos lanzarnos á aventura facendo o noso primeiro lapbook de Canarias inspirado nun que fixeron no blog Aprender es divertido. Non tedes nin idea das ganas que lle puxemos e do traballiño que levamos ao longo de todo o trimestre para facelo pero agora que está rematado estamos moi contentos co resultado. 








Deixámosvos algunha foto do proceso de elaboración.




MERENDAMOS FÓRA, QUE FAI SOL!


martes, 15 de marzo de 2016

ACUARIO



Despois de ler os poemas do libro Acuario de María Canosa, ilustrado por Dani Padrón, fixemos unhas tarxetas  con todas as personaxes e cada un tiña que mirar cales lle tocaran, recoñecelos na imaxe e escribir os seus nomes. E a ti, cales che tocaron?


A RATIÑA PRESUMIDA




LEYENDAS CANARIAS: LA LEYENDA DEL DRAGO




Picando na imaxe podedes acceder á listaxe completa de títulos da colección Leyendas canarias da Editorial Susaeta. Nós limos a lenda do drago, que nos gustou moito e vimos un vídeo  co que aprendemos un montón sobre esta árbore, un dos símbolos da illa de Tenerife.



 
Más vídeos en Antena3

luns, 14 de marzo de 2016

NOTICIAS DE CANARIAS

Hoxe traballamos dúas noticias de Canarias que apareceron ao longo deste trimestre no que Zapatocas anda por este arquipélago. Unha delas fala da gran nevada que cubriu o Teide de neve a finais do mes de febreiro. Podedes lela picando aquí. Tamén vimos estes dous vídeos: no primeiro pódese ver o Teide nevado desde o ceo e no segundo como houbo que cortar as estradas pola cantidade de neve caída e como as máquinas quitaneve traballan.




A lapa-Teide no medio da borrasca de neve...

A outra noticia, que podedes lela aquí,  fala de que a fantasía Arena blanca del desierto, que gañou o Festival de Carnaval de Santa Cruz expuxérona durante varias semanas no aeroporto do Norte de Tenerife para que todos os viaxeiros puidesen admirala.








PEDRAS VOLCÁNICAS: ABOIAN OU AFUNDEN?


mércores, 9 de marzo de 2016

VISITA Á CONSERVEIRA E AOS BOMBEIROS

Canto aprendimos hoxe na saída! Primeiro en Conservas de Cambados, en Barrantes, onde nos amosaron como se preparan en conserva os ourizos de mar e as xoubiñas. E despois nos Bombeiros do Salnés, onde coñecimos como traballan estes profesionais das emerxencias. Mirade as fotos e comprobaredes o ben que o pasamos!


Agardando o autobús! (Foto enviada por Fátima, a mamá de Lucía e Breixo)



















martes, 8 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Xa sabedes que nos gusta estar informados no cole e ao longo do curso traballamos moitas das novas que aparecen na prensa. Esta semana celébrase un ano máis a Semana da prensa na escola e nós quixemos celebrala elixindo unha noticia que nos gustase e participando no Concurso Mellor xornalista infantil e xuvenil 2016, dentro do Programa prensa-escuela de La Voz de Galicia. A nova elixida foi: Abrazador de pandas, a profesión máis entrañable do mundo.  Picade no titular para saber máis sobre esta profesión tan especial.



Tamén aproveitamos que Zapatocas segue en Canarias para coñecer que xornais len nesta Comunidade:



xoves, 3 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da muller. Nóis coñecimos hoxe a historia de Maruxa e Pepiño: ela traballaba e el folgaba. Ata que Maruxa deu coa solución. Falamos da importancia do reparto de tarefas na casa e de que nós tamén temos que colaborar no que poidamos: facer a cama, meter a roupa na lavadora, tendela, poñer a mesa, recoller os xoguetes... Compartindo tarefas acabaremos antes de facelas e teremos tempo para outras cousas: ler, pasear, andar na bici...




Aquí vos deixamos o vídeo que fixeron os nenos e nenas do Ceip Coirón, co que levaron un premio ben merecido. Parabéns!


Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

CONCURSO DE DESEÑO DE XOIERÍA