Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de maio de 2023

O BOCATA DE LATA DE SOFÍA

 



Sofía e a súa familia preséntannos...o Bocasaudable! Un bocata de atún con olivas, queixo e peituga de pavo e pan de chía. Moitas grazas por participar! Que saboroso bocata vos quedou!






O BOCATA DE LATA DE VALERIA

 



Valeria e a súa familia preséntannos...o Árbore de bocata! Un bocata de sardiñas acompañadas de leituga e queixo que se pode degustar frío ou quente. moitas grazas por participar! Que boa pinta ten o voso bocata!




O BOCATA DE LATA DE PABLO


 Pablo e a súa familia preséntannos... o Patupán! Un bocata quente con atún como ingrediente principal, acompañado de leituga e maionesa. Ata fixeron o pan de arepa! Moitas grazas por participar! Quedovos cunha pinta ben saborosa!



PORTADAS TERCEIRO TRIMESTRE

 


Xa temos preparadas as portadas do terceiro trimestre do curso. A profe Olalla axudounos a que quedaran cun toque de verán que nos encantou. Mirade que chulada!

Picamos círculos de diferentes cores e tamaños


Coloreamos algas con diferentes tons de verde



Pregamos os círculos pola metade



Pegámolos para compoñer os peixiños



Pegámoslles os ollos


Ti si que es un bo peixe!

luns, 29 de maio de 2023

VELEIRIÑOS

 



Sabedes que son os veleiriños? Pois son unhas criaturas mariñas moi curiosas semellantes ás medusas. Para desprazarse despregan unha vela e móvense onde as leve o vento. Se sopra forte, poden aparecer varadas nas praias, como ocurriu nunha de Malpica, pintando a area coa súa cor azul característica.




Na Voz de Galicia limos a noticia e buscando máis información atopamos vídeos que nos gustaron moito.


sábado, 27 de maio de 2023

SOL

 



Despois do día de choiva da semana pasada, esta fin de semana a proposta para o obradoiro de cociña en familia era facer un sol. Adiviñades cal pode ser a vindeira proposta? Moitísimas grazas a todas por participar!

Alma e o seu sol


O sol de Alma



Adán e o seu sol


O sol de Adán



Sofía e a súa irmá Elisa cos seus soles



Os soles de Sofía e Elisa

mércores, 24 de maio de 2023

O BOCATA DE LATA DE MANU

 Manu e a súa familia preséntannos...Tostas quentes de xarda e Bocata frío de peixe azul. Dúas opcións coa xarda como protagonista acompañada de tomate e queixo. Que pinta tan boa! Moitas grazas por participar!



martes, 23 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Co material do Seminario Galán achegámonos á figura de Francisco Fernández del Riego, escritor homenaxeado o Día das letras Galegas do ano 2023.

Don Paco naceu en Lourenzá (Lugo), fundou a Editorial Galaxia e escribiu moitos libros. 

A pesca galega de mar a mar foi un dos libros que escribiu. Partindo de fragmentos deste libro, coñecimos a dorna, embarcación pesqueira tradicional galega de madeira. Achegámonos á sardiña, a especie do mar máis importante e recurso de vida das poboacións mariñeiras de Galicia. E soubemos que así como hai peixes que viven no mar, outros, como a troita, viven nos ríos.















O BOCATA DE LATA DE AROA

 


Aroa e a súa familia preséntannos... o Comilón! Un bocata frío de paté feito na casa con mexillóns e atún acompañados de queixiños. Para os que teñan que comer brandiño ou se vos encanta o paté de peixe, unha opción ben saborosa. Moitas grazas por participar!




O BOCATA DE LATA DE ADÁN

 Adán e a súa familia preséntannos... o Bocatún! Un bocata quente con atún como ingrediente principal acompañado de tomate, pemento, cebola, ourego, queixo, maionesa, ovo cocido e manteiga. Que completo! Ten unha pinta ben saborosa! Moitas grazas por participar!





Bocatún



luns, 22 de maio de 2023

UN DÍA DE CHOIVA

 



A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un día de choiva. Pero que ben quedaron! Moitas grazas a todas por participar!


Adán e o seu día de choiva


O día de choiva de Adán

Sofía e o seu día de choiva


O día de choiva de Sofía



Aroa e o seu día de choiva

ABRIMOS A NOSA BOCATERÍA!


 A nosa bocatería "Dando a lata co bocata" chega á súa terceira edición! Nas nosas casas xa estamos argallando os bocatas que formarán o menú deste curso. Animádevos a participar!



xoves, 18 de maio de 2023

COMEFROITAS MES DE MAIO

 Parabéns, Comefroitas!





CONCURSO DE DEBUXO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA ANPA DO CRA DE RIBADUMIA

 Onte celebrouse a entrega de premios do Concurso de debuxo do Día das Letras Galegas organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia. Moitas grazas a Sofía e a súa familia por compartir as fotos da xornada!

E aquí vos deixamos as nosas obras de arte. Axudados pola profe Olalla preparamos os nosos debuxos relacionados con lugares e recunchos especiais do Concello de Ribadumia. Parabéns aos premiados e a todos os participantes!





Joshua

Aroa

Nicolás

Rodrigo

Sofía

Pablo

Adán

Valeria

Manu

Alma


Sofía e o seu debuxo na entrega de premios.
Parabéns, Sofía!


Os premiados reciben os seus agasallos


Sofía recibindo o seu premio