Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 31 de xaneiro de 2023

PAZ




Con pedras e palabras e partindo da instalación artística PEGADA, celebramos o 30 de xaneiro o Día da Paz lembrando a importancia de traballar para mantela os 365 do ano. Como nos dixo Sofía, Paz é "dejar al de al lado que disfrute de su tranquilidad".




sábado, 28 de xaneiro de 2023

ÓSOS PREHISTÓRICOS

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer ósos prehistóricos. Serán de mamut lanudo, serán de oso cavernario? Os primeiros que chegaron foron os de Alma e a súa familia. Moitas grazas a todas por participar!






Alma e os seus ósos prehistóricos



Un dinosauro preparado para comer a merenda
prehistórica de Aroa

Aroa e a súa merenda prehistórica



Os ósos prehistóricos de Adán

Adán e os seus ósos. Serán de mamut?



Sofía cociñando

Os ósos prehistóricos de Sofía

Ósos de todos os tamaños

xoves, 26 de xaneiro de 2023

PREPARANDO O NOSO CONTO DE ENTROIDO

Como cada vez que se achega o Entroido, puxemos a imaxinación a funcionar e convertidos en personaxes da Prehistoria, inventamos un conto cheo de aventuras. Agora estamos coloreando as ilustracións. Logo buscaremos un título e darémoslle formato de libro. Xa queda pouco para a presentación!




CUMPLE DE NICOLÁS

 No mes de xaneiro, Nicolás fixo un ano máis e nós quixemos acompañalo nas súas 5 voltas ao redor do sol. Parabéns, Nico! Canto medraches!



domingo, 22 de xaneiro de 2023

MANS PREHISTÓRICAS

 

Cova das mans. Arxentina.

A proposta do obradoiro de cociña en familia para esta fin de semana era facer...Mans prehistóricas! As primeiras en chegar foron as de Alma e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron espectaculares!




Alma e as súas mans prehistóricas


Adán e a súa man prehistórica

A man prehistórica de Adán



Sofía e as súas mans prehistóricas

COMEFROITAS XANEIRO

 Alma e Manu veñen de acadar as súas coroas de Raíña e Rei Comefroitas do mes de xaneiro. Parabéns!


Tamén Sofía acadou a súa coroa de Raíña Comefroitas! Parabéns!


venres, 20 de xaneiro de 2023

domingo, 15 de xaneiro de 2023

COCIÑANDO MAMUTS

 



A proposta para o obradoiro de cociña desta fin de semana era...merendar un mamut! E o primeiro que chegou foi o de Alma e a súa familia. Moitas grazas por participar!


Sofía e o seu mamut

Valeria e o seu mamut



Adán e o seu mamut



martes, 10 de xaneiro de 2023

PREHISTORIA NA BIBLIOTECA

 Na biblioteca de Leiro, Zapatocas recibiunos con novas lecturas relacionadas coa PREHISTORIA. A cova de Nico foi o conto que eliximos para ler hoxe. Sabíades que daquela vivían en covas?






luns, 9 de xaneiro de 2023

FELIZ 2023!

 


Voltamos á escola estreando un novo ano e atopamos unha chea de sorpresas. Papá Noel, O Apalpador e os Reis pasaron pola nosa aula e deixáronnos unha carta moi agarimosa e varios agasallos. O máis especial, unha palabra: PREHISTORIA. Ao longo do 2023 e convertidos en detectives prehistóricos, aprenderemos as curiosidades máis importantes deste periodo. Queredes acompañarnos?