Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 30 de outubro de 2020

CHEGOU O SAMAÍN!!

 E con el a pequena festa que fixemos na nosa escola para celebralo. Bailamos e fixemos xogos ás escuras, contamos un conto de bruxas á luz dunha lámpada que cambiaba de cor e vimos o videoconto Corre, corre cabaciña. Houbo tempo para visitar a exposición de cabazas decoradas, facer un desfile de disfraces e disfrutar dunha merenda terrorífica no patio aproveitando o bo tempo. Unha xornada diferente na que o pasamos moi ben. Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración!

Voltamos ao cole o martes 3 de novembro, en Leiro. Que pasedes unha feliz fin de semana.





































xoves, 29 de outubro de 2020

ACHÉGASE O SAMAÍN

 E no cole aparecen merendas terroríficas, as conversas falan de disfraces horribles e as cancións énchense de esqueletos e monstros. 






LA BRUJITA TAPITA

 


A bruxiña Tapita vivía nun tapón. Sería nun tapón de cortiza? Se ve o coloridos que nos quedaron os nosos, múdase hoxe mesmo.







martes, 27 de outubro de 2020

A ARAÑA PATAS FLACAS

 Coñecedes a araña Patas Flacas? É unha araña que apareceu na casa de Peppa Pig e a súa familia. Con ela aprendimos a facer arañeiras. Sonche ben complicadas! Vaia traballo que levan as arañas para tecelas!







domingo, 25 de outubro de 2020

PREPARANDO O SAMAÍN

 



Entramos na semana do Samaín! Para o venres día 30 temos que ir pensando en: preparar un disfrace, decorar unha cabaza e preparar unha merenda terrorífica individual para traer ao cole ese día. 

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS



 Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas. A biblioteca do noso cole e Zapatocas queren desexarnos un feliz día e compartir con todos nós a Guía de usuarios e o Tríptico de contos de arañas. Bibliotecas, sempre ao noso carón!



venres, 23 de outubro de 2020

EU SON...





SORPRESA MATEMÁTICA

 A profe Malú trouxo hoxe unha caixa chea de sorpresas que preparou con moito agarimo para nós. Pasámolo xenial! Moitas grazas, profe Malú!







OLLO CO XEL HIDROALCOHÓLICO!

 Na edición dixital da Voz de Galicia vimos unha noticia que nos deixou preocupados e queremos compartir con vós: un neno de tres anos sufriu queimaduras nun ollo con xel hidroalcohólico.


Esta noticia serviunos para reflexionar sobre as normas de emprego deste produto e as consecuencias do seu mal uso e os accidentes que pode provocar.


mércores, 21 de outubro de 2020

UUUH! GRRR!

 O monstro e a pantasma deste conto amósannos o segredo para non pelexar nunca máis: falar. E así, dialogando, chegaron a ser grandes amigos.




martes, 20 de outubro de 2020

A ARAÑA E MAIS EU

 




Hoxe contamos na biblioteca... A araña e mais eu, da editorial Kalandraka. Un conto que nos gustou moito, cunha araña que vai subindo e subindo desde unha deda dun pé ata o cabelo. Unha historia de amizade con sabor a froitas.


luns, 19 de outubro de 2020

A NOSA CASA DO TERROR

 Debuxamos a nosa casa do terror e comezaron a aparecer seres terroríficos: bruxas, pantasmas, morcegos, cabazas, gatos... Queredes entrar?







venres, 16 de outubro de 2020

EU NON FUN!

 O conto de hoxe aprendeunos que as arañas non son tan malas como as pintan e que cumplen unha función na natureza. Eu non fun! E logo quen foi?

LA ARAÑA PEQUEÑITA SUBIÓ!

 Contentas, enfadadas, máis ou menos decoradas, as arañas de oito patas conseguiron poñerse de acordo para subir e baixar cando cantamos a canción. 





A idea sacámola deste blog. Grazas por compartir!





xoves, 15 de outubro de 2020

PEGATINAS PERSONALIZADAS

 Aproveitando que nos sobrou papel de pegatina, collimos rotuladores e deseñamos as nosas pegatinas personalizadas para adornar a roupa. Fixemos ata un desfile de modelos! Que ben o pasamos!









mércores, 14 de outubro de 2020

CANCIÓNS DO SAMAÍN. QUE MEDO!

 Arañas, bruxas, vampiros, momias, casas do terror... Que medo nos dan! E para espantar os medos, que mellor que cantar e bailar!

Neste enlace tedes a do curso pasado por se queredes lembrala tamén.




QUE PEIXES TAN RAROS!

 



Na Voz de Galicia dixital vimos unha noticia que nos sorprendeu: A lonxa de Ribeira, paraíso das especies máis raras e disparatadas.

A quimera común (Chimaera monstrosa) parece que debe o seu nome á súa semellanza coa Quimera, ser da mitoloxía grega que buscamos para comparar. Vós atopades semellanzas? 


E a lúa real, que pode chegar a medir 2 metros e pesar 300 quilos. 



As imaxes dos peixes pertencen á noticia enlazada da Voz de Galicia.

martes, 13 de outubro de 2020

SENTINDO O OUTONO

 O outono chegou para quedar e hoxe puidemos disfrutalo con todos os sentidos. Buscamos follas con formas, cores e tamaños diferentes, choveron follas, pisámolas, tocámolas, ulímolas, xuntámolas, comparámolas, debuxamos na area con landras, abrimos un restaurante de landras e follas...














PANTASMAS E ARAÑAS



Tasma a pantasma decide limpar e ordear o faiado do castelo. Vaia sorpresa leva cando atopa a princesa Luci e as súas amigas as arañas, que fan todo tipo de xoguetes coas súas arañeiras.




domingo, 11 de outubro de 2020

A BOLBORETA DE MARTÍN

 


O venres Martín trouxo unha bolboreta que quería amosarnos. Puxémola na tapa dunha caixiña e observámola con moito coidado. Martín contounos que agora no outono as bolboretas morren e que son animais moi delicados. 

A Mateo encántalle a canción de Mariposita e púxose a cantala. Contaxiounos a todos e cantando puxémonos a colorear a nosa bolboretiña.

Seguiremos investigando...