Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 29 de setembro de 2023

ALEXIA FAI 3

 Hoxe foi o aniversario da nosa compañeira Alexia e no cole acompañámola nas súas tres voltas ao sol e vimos canto medrou nas fotos que trouxo. Moitos parabéns, Alexia!







mércores, 27 de setembro de 2023

MANU E ALMA FAN 4

 Hoxe por fin celebramos os aniversarios de Manu e de Alma. Acompañámolos nas súas catro voltas ao redor do sol e vimos nas fotos canto foron medrando. Moitos parabéns!













martes, 26 de setembro de 2023

CHEGA...DANIELA PIRATA!

 

O proxecto anual deste curso será: De piratas e tesouros. E Zapatocas, que sabe moito de historias e contos, tíñanos unha sorpresa hoxe na biblioteca: o libro de Daniela pirata para a nosa aula, un barco e unha chea de cartolinas con motivos piratas para disfrazarnos. Levantamos áncoras!




















domingo, 24 de setembro de 2023

BOLBORETA DE UVAS

 


O primeiro obradoiro de cociña en familia deste curso tiña que ter como protagonista unha das froitas de tempada: as uvas. E aquí vos deixamos as bolboretas saborosas que nos mandastes. Moitas grazas por participar, familias!

Adán e a súa bolboreta


A bolboreta de Adán



Aroa e a súa minibolboreta



Lara e a súa bolboreta de uvas



Alma e a súa bolboreta

A bolboreta de Alma

venres, 22 de setembro de 2023

CHEGAN AS PRIMEIRAS COROAS DOS COMEFROITAS!

 Manu e Nicolás estrearon as súas coroas de Reis Comefroitas do mes de setembro. Parabéns, mociños!



E Lara tamén conseguiu a súa coroa de Raíña Comefroitas. Moitos parabéns, mociña!





martes, 19 de setembro de 2023

IMOS A LEIRO!

 Hoxe comezamos a ir a Leiro. Un zapatocas pirata recibiunos na biblioteca desexando comprobar canto medramos no verán e cos novos marcapáxinas preparados para estrear o empréstito. Felices lecturas en familia!









xoves, 14 de setembro de 2023

MÚSICA

 Hoxe a profe Olalla presentounos a clase de música. Coa cadeliña pirata Max imos cantar, bailar, tocar instrumentos musicais e pasalo en grande ao longo do curso.






CHEGOU O CURSO 23-24!

Chegou setembro e con el o comezo do novo curso, os reencontros, as novidades... Mentres nos afacemos á rutina, compartimos xogos, merendas, bailes, contos, cancións...e pouco a pouco imos coñecéndonos para facer grupo. Feliz curso 23-24!