Pois case sen darnos conta estamos a mediados do mes de marzo. A primavera está a piques de comezar! O día 21 de marzo celébrase o día da poesía e nós ímolo celebrar agasallando un poema de Manuel María a uns amigos e amigas. Como imos facer? Xa vos iremos contando...
Neste enlace podedes ler o poema de Manuel María e escoitalo musicado por Suso Vaamonde.
A carta xa chegou ao seu destino. E sabedes que? A carteira díxolles que era a carta máis bonita que entregara en toda a súa vida. 21 de marzo de 2019: feliz Día da poesía!
E aos poucos días recibimos contestación! Que ilusión, que ilusión! Nun sobre decorado con corazóns, árbores e flores, viña unha postal con outra poesía preciosa: O río, de Manuel María. Pola parte de atrás os nenos e nenas escribiron os seus nomes e gustounos moitísimo comprobar que varios se chamaban coma algún de nós!
Contamos os versos do poema e sabedes cantos son? Unha ducia, coma nós! Imos tentar aprendelo porque fala dun río, que ben pode ser o Umia. A ver que se nos ocorre...
Ningún comentario:
Publicar un comentario