Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 31 de xaneiro de 2021

GUÍA DE LECTURAS DE ERIC CARLE

 O equipo de biblioteca quere compartir con todos vós a Guía de lecturas de Eric Carle. 

A Eric Carle encántalle escribir e ilustrar contos con animais protagonistas. As súas historias están cheas de cores e animais con historias fantásticas. Estamos coñecendo os seus contos e achegándonos á súa técnica de ilustración, que nos ten fascinados. 

Dámosvos a benvida ao extraordinario mundo de Eric Carle!






venres, 29 de xaneiro de 2021

PAZ É PENSAR EN ALGUÉN QUE QUERES

 Cada 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. O libro da paz de Todd Parr sempre nos axuda a ver a Paz como algo que podemos construír cada día en accións cotiás. Unha das ilustracións que comentamos, xunto coa frase que a acompaña, foi esta:


Falamos das nosas mascotas, de canto as queremos. Pensarán elas en nós tamén cando non estamos xuntas? Por exemplo, cando vimos ao cole? Manuel díxonos que seguro que si porque cando volve do cole a súa cadela Lía ponse moi contenta de velo. Seguro que o bota de menos toda a mañá.

Ímosvos presentar as nosas mascotas. Queredes coñecelas?

Sofía con Tortuguita e Colitas

Sofía e Lasy

Sofía e Ninfi

Sofía con Negrita e Arco Iris

Sofía e os Aqua Dragons

Diana e  Kira

Carla e Simba

Carla e Shakira

Carla e Lúa

Diana e Lolo

Diana e Gordita

Manuel e Lía

Luciana e Juan co seu can





Adriana con Xoaniña

Adriana con Iris, Félix e Negrito



Marta e Alba con Campi e Lúa

Marta e Campi

Marta e Piolín



Martín con Paty e Tito (Pepa😉)

Martín con Coco e Tobi



Mateo e Tela


Xulia e Malla

ALICIA, RAÍÑA DA FROITA DO MES DE XANEIRO

 


Acabamos o mes de xaneiro e temos Raíña da froita: Alicia conseguiu completar o mes e acadar a coroa. Parabéns, Alicia! Estás feita unha Comefroitas!

XANEIRO NO PRATO

 Lembrades cando propuxemos probar na casa algún alimento de tempada do mes de xaneiro? Pois xa chegaron fotos animando a probar novos sabores. Mirade, mirade!

Diana comendo cenoria, xudías, patacas e 
ovo cocido

Mateo apañando as laranxas 
na laranxeira da casa 
dos avós

Manuel comendo polbo

Diana comendo albóndigas
en salsa de cogomelo

Mateo facendo zume de laranxa

Sofía merendando uvas de tempada

Diana comendo espaguetes

Sofía comendo arroz con chipiróns 
e un bo sofrito de cebola, allo, pemento,
cenoria e tomate

Diana comendo sopa de cocido


Adriana comendo endivias

Adriana comendo garavanzos

Adriana comendo verdura


Martín comendo espaguetes cun sofrito
de cenoria, tomate, pemento e champiñóns

AS VACACIÓNS DE GATITO

 

Hoxe contamos Gatito y las vacaciones. Gatito era o único dos seus amigos que non sabía o que ía facer nas vacacións. Non te preocupes, Gatito, aquí estamos nós para darche as opcións máis variadas e divertidas que se che poidan ocurrir: ir á praia, ao río, á piscina, ao bosque a pasear, ao circo, á granxa, ao parque acuático dos tobogáns...




PINGÜINS, LISTOS!


BOLBORETAS INSPIRADAS NA TÉCNICA DE ERIC CARLE

 Así nos están quedando as bolboretas inspiradas na técnica de Eric Carle. A verdade é que estivemos recortando e pegando os anaquiños con moito coidado para que nos quedaran ben bonitiñas.





martes, 26 de xaneiro de 2021

ERIC CARLE ILUSTRADOR

 



Hoxe na biblioteca achegámonos ao mundo da ilustración do artista Eric Carle. Temos un recuncho con varios libros ilustrados por el e aproveitamos para meternos no seu obradoiro e coñecer as técnicas que emprega. Queredes coñecelas vós tamén? Pois mirade o vídeo.


Despois vimos noutro vídeo como se poden empregar obxectos habituais que atopamos nas nosas casas para pintar: algodón, unha esponxa, unha pinza da roupa, un bastón de limpar as orellas, unha oveira...



 

 A verdade é que nos gustou tanto o que vimos que estamos desexando probar nós tamén no cole.
Para rematar contamos o conto Unha eiruga moi larpeira, de Eric Carle. Falamos da METAMORFOSE, de Maria Sibylla Merian e xogamos a ser eiruguiñas.