Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 28 de setembro de 2019

FESTA DO DEPORTE 2019 CONCELLO DE RIBADUMIA

O Concello de Ribadumia celebrou a Festa do deporte o venres pasado e convidounos a participar. No pavillón e no Auditorio practicamos diferentes deportes, algúns coñecidos e outros novos. Non paramos máis que para merendar e repoñer forzas. Deixámosvos as fotos e os vídeos para compartilos en familia.
















































martes, 24 de setembro de 2019

MARTES: IMOS A LEIRO

Hoxe comezamos os martes de ir a Leiro. Alí temos a nosa biblioteca onde Zapatocas nos recibiu para coñecernos e falarnos das normas. Fixemos o marcapáxinas e collimos un libro en empréstito. O vindeiro martes traerémolo de volta na súa bolsa vermella para cambialo por outro diferente. Tamén estivemos na aula de inglés, coa profe Ana coñecendo os segredos da horta e na aula de informática. Vaia mañá completa!









venres, 13 de setembro de 2019

COMO TE CHAMAS? NOMES NOVOS

Cada curso o noso grupo refaise e aparecen novos amigos e amigas. Temos moitos nomes que aprender e que mellor maneira que facer unha lista con eles para irmos familiarizándonos con eles. 


xoves, 12 de setembro de 2019

EMPEZAMOS!

Primeiro día de vir á escola, reencontrarnos cos amigos e coñecer cariñas novas. Á hora da merenda compartimos unhas brochetas de froita que trouxo Joel para convidarnos porque hoxe estreaba os seus 5 anos. Que maior! Moitas grazas a Joel e á súa familia. Estaban moi boas! E despois, aproveitando que facía sol, saimos ao patio a xogar. Benvidos ao novo curso!








venres, 6 de setembro de 2019

CHEGA O CURSO 2019-2020! AVISO IMPORTANTE

O día 11 de setembro haberá dúas reunións:
- Reunión na Escola de Ribadumia, cada grupo coa súa tirora, ás 10 horas.
- Reunión xeral informativa de principio de curso na Sede do CRA, en Leiro, ás 11:30 horas.
Agardámosvos! Non faltedes!