Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 29 de outubro de 2015

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN 2015

Moitísimas grazas ás familias dos nenos e nenas de 5 anos pola vosa colaboración traendo a merenda para compartir e por suposto ás mamás e papás que asaron as castañas toda a mañá a pesar da choiva. Agora toca descansar. Vémonos á volta o martes 3 de novembro en LEIRO!












martes, 27 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado sábado 24 de outubro celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Hoxe fixemos un marcapáxinas conmemorativo e lembramos a importancia de visitar con frecuencia a biblioteca, asistir a contacontos, facerse socios e levar libros para á casa en empréstito... As bibliotecas sempre son un lugar onde pasar unha tarde a gustiño! 


venres, 23 de outubro de 2015

AS CARABELAS DE COLÓN


Do Porto de Palos en Huelva, saíron as carabelas de Colón. Tivemos que andar a investigar que era isto das carabelas despois de ler o verso: Huelva, la orilla de las tres carabelas, do poema de Manuel Machado, Canto a Andalucía. Procuramos pistas no libro: De la A a la Z con Cristóbal Colón, da Editorial Everest e soubemos que o 12 de outubro de 1492 Colón descubriu América e cada 12 de outubro celébrase o Día da Hispanidade. Estamos aprendendo moitas cousiñas. Xa vos iremos contando. Hoxe fixemos unha carabela cada un e levámola para casa. 

O CUMPLE DE OUTUBRO: PARABÉNS URIEL!









CONCURSO DE BIGOTES

Na Voz de Galicia viña unha noticia que nos chamou moito a atención: As barbas e bigotes máis estraños do mundo. Axiña miramos as fotos e quedamos abraiados coa cantidade e variedade de barbas e mostachos que aparecían. Estivemos xogando a buscar semellanzas entre os bigotes e outros obxectos: algún parecía o mando da videoconsola, outro unha estrela, outro os cornos dunha vaca... Comprobádeo vós mesmos picando aquí. Despois cada un debuxouse un bigote e decidiu en que categoría participar. Vaia noticia bigotuda!!


LA BRUJA BRUNILDA

Na biblioteca de Leiro temos moitos títulos da colección de aventuras da bruxa Brunilda e o seu gato Bruno. Recomendámosvos calquera deles!! Tamén nos gustou moito o libro que trouxo Rodrigo: Garabatos de miedo, para debuxar monstruos, bruxas e calquera personaxe de medo que poidades imaxinar.




xoves, 22 de outubro de 2015

O HOME CO PÉ MÁIS GRANDE DO MUNDO







Vímolo en varios xornais esta semana: La Voz de Galicia, ABC... O home co pé máis grande do mundo vive en Venezuela. Os seus pés miden 40 cm e calza un 60! Os nosos pés e zapatos son un pouco máis pequenos. Coa axuda dun pedímetro, comprobámolo.







martes, 20 de outubro de 2015

APÓCEMAS E BRUXAS: COLABORADES CON NÓS?

Hoxe levamos un encargo para casa: facer unha apócema para o "Libro de apócemas da bruxa". Miramos un libro: REPUGNANTE Y NUTRITIVA, que nos deu mooooito noxo, con receitas que metían medo! e de aí sacamos ideas para elixir un ingrediente que meter no caldeiro da bruxa. Agora toca facer as apócemas na casa. Podedes mirar as instruccións de como facelas picando aquí. Animádevos a participar!



Moitas grazas polas vosas apócemas!!










venres, 9 de outubro de 2015

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO


Tocar, ulir, saborear... e sobre todo disfrutar dunha merenda diferente compartindo mesa cos compañeiros na escola. Será por iso que todo sabe mellor!





xoves, 8 de outubro de 2015