Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 31 de outubro de 2018

MAGOSTO E SAMAÍN

Saímos na prensa. Picade aquí para ler o texto completo

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín en Leiro. Moitas grazas ás familias dos nenos e nenas de 5 anos que convidaron á merenda e ás familias que pasaron a mañá asando as castañas. 














martes, 30 de outubro de 2018

QUE MEDO! AS PINCHAS

O medo de Carla eran as pinchas. E na rede atopamos un vídeo que nos pode axudar a vencer ese medo cando nos toca poñer unha vacina ou facer unha análise.


QUE MEDO! O VAMPIRO E O ZOMBI

O medo de Alba eran os vampiros e o de Víctor os zombis. Hoxe na biblioteca de Leiro buscamos no Baúl dos Monstros os contos do Vampiro e do Zombi e contámolos. Despois xogamos a buscar as diferenzas entre os dous medos para poder identificalos e colocalos cada un no seu conto. A verdade é que o fixemos moi ben. Xa somos expertos en monstros!


POÑÉNDOLLE AS PILAS AO NOSO BOCATA

Cada vez somos máis os que os martes lle poñemos as pilas ao noso bocata. Ao principio o bocata de atún era o que máis se traía pero pouco a pouco fomos animándonos a traer sardiñas, xoubas, agullas... Hai un par de semanas Elisa animouse co bocata de mexillóns en escabeche e hoxe Alba e Marta trouxeron cadanseu bocata de polbo. Vaia Arroases estades feitos!!


luns, 29 de outubro de 2018

O RATO PÉREZ

O Rato Pérez veu visitar a Alba a semana pasada e a Elisa xa a visitou un par de veces. Así que xa era hora de levar a conta dos dentes que nos van caendo. Ímolo facer grazas a un pequeno carné onde o iremos apuntando. Benvidas ao Clube dos desdentados!




PREPARANDO AS CESTIÑAS PARA AS CASTAÑAS

O medio brick de leite xa se está transformando nunha cestiña para levar as castañas o día do Magosto e a festa do Samaín. Necesitamos familias voluntarias que poidan vir asar as castañas ese día. Animádevos!


QUE MEDO! O LADRÓN

O medo de Diego eran os ladróns. E que mellor conto que Os tres Bandidos para falar de ladróns.






venres, 26 de outubro de 2018

CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL: LA VUELTA AL COLE

Por fin chegou o día da Carreira! Despois de celebrar os aniversarios de Lois e Xulia preparámonos para ir ata a Carballeira. Aproveitando que chegamos con tempo puidemos xogar e buscar tesouros de outono antes da hora do comezo da Volta ao cole.




En canto chegaron as familias, repartimos os dorsais e... Preparados, listos, xa!! Corrimos da man dos nosos pais, das nosas nais, dos avós e avoas, das profes e mesmo dos irmáns. Porque xuntos somos máis fortes e coa nosa participación e doazóns (picade aquí se queredes saber o total recadado), contribuiremos a que se atope unha cura contra a leucemia infantil. Moitísimas grazas por participar, polo voso entusiasmo e por compartir cos vosos meniños e meniñas unha xornada tan especial. 





E moitas grazas a Breixo e a Lucía porque en canto se enteraron que participabamos nesta carreira solidaria non dubidaron en achegarse coa súa nai ata o cole para traer a súa aportación.



CUMPLE DO MES DE OUTUBRO



No mes de outubro Lois fixo 5 anos! Hoxe entre el e máis Xulia fixeron a torta de aniversario para convidarnos. Estaba ben saborosa. Parabéns mociños!!






xoves, 25 de outubro de 2018

RECICLANDO MEDOS E DEDOS DE BRUXA

 Hoxe Joel trouxo a proba dos dedos de bruxa que cociñou na actividade de cociña que vai os mércores á tarde. Había que ser mooooi valente para probalos e aos que o fomos gustáronnos moito!



E hoxe, logo de traballar cos medos ao longo do mes de outubro, cada un de nós comezou a decorar un tubo de cartón para transformalo no seu medo. Non é tarefa doada pero xa vedes que poñemos moitas ganas! Moitas grazas á nai de Dana que nos trouxo os rolos!





QUE MEDO! O ESQUELETO



O medo de Lía era o esqueleto. E na colección do Baúl dos monstros da editorial Baía collimos o do Esqueleto. O pobre Osiños quería ser futbolista pero o balón era tan duro que nun chutazo lanzou tamén a perna detrás. Aproveitamos para buscar o nome dos osos da perna nun libro da biblioteca e cando os limos pegounos a risa. Vaia nomes tan raros!


mércores, 24 de outubro de 2018

IMPORTANTE: LA VUELTA AL COLE

Vaise achegando a data da carreira e queremos ir concretando cousiñas:

- Como a Escola de Ribadumia non ten beirarrúas arredor, non podemos facer a volta ao cole de xeito seguro, así que a carreira desenvolverase na Carballeira e comezará ás 13:30 horas. As familias que xa se apuntaron para participar estarán alí a esa mesma hora. Despois da carreira farase unha entrega de diplomas. Ás 14:00 horas recolleranse todos os nenos e nenas na Carballeira, participaran ou non as familias na carreira. 

- Non esquezades traer a autorización asinada para participar na carreira.

- Traede roupa e calzado axeitados para participar na carreira.

- Xa temos preparada unha caixa para recoller as doazóns. Mellor traémolas o venres a primeira hora.




24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe se celebra o Día das Bibliotecas. Desde o cole queremos compartir con vós a Guía de Lecturas para valentes con recomendacións de libros que tedes á vosa disposición na biblioteca do cole.



Buscamos e marcamos na guía os contos que xa limos e pintamos ao monstro de cores negro porque é da cor que se pon cando ten medo. Aínda nos quedan moitos por contar pero non temos presa. Seguiremos descubríndoos ao longo do curso no cole e tamén podedes levalos en empréstito para ler na casa.



A Consellería de Educación conmemora este día cun cartel fermosamente ilustrado por Nuria Díaz.


E no blog de Gálix non deixedes de ler o pregón "O día da luz" escrito por Gonzalo Moure e traducido ao galego por Antía Marante.

martes, 23 de outubro de 2018

QUE MEDO! A ESCURIDADE

O medo de Lois era a escuridade. Hoxe na biblioteca tivemos que acender as nosas lanternas para descubrir quen andaba aí. Vaia sustos levamos! O conto ¿Quién es? ¡Cuidado! fíxonos rir dos nosos medos co ratiño que vai á casa da avoa.



luns, 22 de outubro de 2018

LA VUELTA AL COLE


Picade na imaxe para ler a información completa


O vindeiro venres 26 de outubro correremos para que todos os nenos e nenas enfermos de leucemia infantil saiban que xuntos somos máis fortes e que loitaremos para atopar a cura desta enfermidade. 
Ás 13: 30 horas agardámosvos para comezar a carreira polos arredores da nosa Escola de Ribadumia. Cada participante levará pegado un dorsal e ao rematar a carreira farase unha entrega de diplomas. Animámosvos a participar tamén ás familias (avisade ás titoras para poder ter dorsais suficientes). Moitas grazas pola vosa participación e polas vosas doazóns!

EN QUÉ CONSISTE

1. Desde la Fundación Unoentrecienmil queremos invitar a todos los colegios de España a organizar una carrera alrededor de sus coles el 26 de Octubre del 2018, con los alumnos, docentes y familias del centro.

2. Para participar en la misma, cada corredor aportará desde 1€ por inscripción para poner su granito de arena en la causa.

3. Ese dinero será destinado a una Beca para la investigación de la leucemia infantil que la Fundación Unoentrecienmil otorga anualmente desde 2014.

OBJETIVOS

1. Implicar a toda la comunidad escolar en una acción común con un fin solidario: recaudar fondos para luchar contra la leucemia infantil. Esta enfermedad aumenta en 330 nuevos casos cada año, y 2 de cada 10 niños no lo superan

2. Conseguir todo el apoyo y el reconocimiento social de la comunidad escolar para la lucha contra la Leucemia Infantil.

3. Sensibilizar desde la educación, trabajando en el aula los conceptos de cooperación, solidaridad y salud.

Este año conseguiremos el gran objetivo que nos hemos marcado:300 colegios, 100.000 participantes y 100.000€ destinados a abrir nuevas vías de investigación de la leucemia infantil.


QUE MEDO! AS PANTASMAS

O medo de Elisa, Leo e Marta eran as pantasmas. Aquí vos deixamos contos de pantasmas. Preparádevos!



Tasma a pantasma vai ao faiado facer limpeza. Todo está cheo de arañas! Cando de súpeto aparece a princesa dos xoguetes, coa que aprenderá que as arañas poden ser moi divertidas.