Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 31 de marzo de 2023

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

 Acaba o segundo trimestre e despedímonos con pitiños e ovos de chocolate. Que teñades unhas moi felices vacacións. Vémonos á volta o martes 11 de abril en Leiro.









mércores, 29 de marzo de 2023

RIMANDO

Estes días estamos preparando un libro cunha poesía moi especial e buscando palabras que riman con outras. Hoxe escoitamos esta canción coa que xogamos a atopar palabras que riman con limón e canción.




RECICLANDO REDES

 


Hoxe comentamos unha noticia que apareceu na prensa e que nos pareceu interesante: unha empresa recicla redes de pesca que xa non serven e fai con elas mesas, bancos, letras, trofeos, maceteiros, monopatíns, lapiseiros...  Pareceunos moi boa idea darlle unha nova vida ás redes, sacándoas do mar e evitando así contaminalo e poñer en perigo a fauna mariña. E gustounos moito a cor que as redes dan aos taboleiros.

Se queredes ler a nova completa picade aquí


Picade aquí para ir á páxina da empresa e ver o vídeo


domingo, 26 de marzo de 2023

FLORES DE PRIMAVERA

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer flores de primavera e darlle a benvida á nova estación. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron fantásticas!

Aroa e as súas flores de primavera

Sofía e as súas flores de primavera



Adán e as súas flores de primavera



As flores de primavera de Valeria



Alma e as súas flores de primavera

martes, 21 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

 



O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Síndrome de Down. E para darlle visibilidade e concienciar a sociedade, participamos na proposta de Chloe Lennon de levar calcetíns desparellos ese día. No cole vimos uns vídeos de Down Galicia que nos axudaron a achegarnos de forma sinxela a esta síndrome. E tamén contamos o conto dos Bolechas: Xela celebra o seu aniversario. Un conto sobre a amizade sen barreiras e a Síndrome de Down.








E despois de ver este último vídeo, descalzámonos e fixemos o noso.













luns, 20 de marzo de 2023

PISTAS DE PRIMAVERA

Hoxe despedimos o inverno e estivemos buscando no patio as pistas que nos deixa a nova estación. Follas, flores, bolboretas... A primavera xa está aquí!






domingo, 19 de marzo de 2023

A NAVEGAR!



 A proposta para o obradoiro de cociña desta fin de semana era facer barquiños veleiros. Moitas grazas por participar! Quedaron xeniais! Vaia chefs estades feitas, familias!


Quen dixo que as bruxiñas só van en vasoiras?
Mirade que barquiños fixo Alma!


Aroa e Minnie merendaron barcos e peixiños


Os barquiños de Sofía viñan acompañados dunha poesía:
Van navegando tres barquiños polo río Umia
de Barrantes ata Ribadumia.



Adán e os seus barquiños



Os barcos de Valeria

xoves, 16 de marzo de 2023

SETE CANCIÑOS

 


Na edición dixital do Diario de Arousa limos que rescataron en Meis sete canciños que alguén abandoara no monte metidos nun saco. Falamos da importancia de respectar os animais e de como coidamos e queremos os nosos.

Despois escoitamos e bailamos a canción do Canciño, de Uxía Lambona. Aquí vola deixamos por se queredes escoitala na casa.





mércores, 15 de marzo de 2023

XOGAR A PENSAR CON WONDER PONDER

 


Recibimos a Juanita como sempre que vén visitarnos: con moita ledicia e expectación. Que nos traerá hoxe?

Juanita trae na súa bolsa as normas para xogar a pensar con ela. Revisámolas.

Hoxe Juanita está preocupada. Onte visitou un cole e á hora do recreo presenciou unha situación que a fixo preocuparse. Quere compartila con nós e pedir a nosa opinión. Miramos na súa bolsa e aparece unha imaxe (pertencente ao libro Mundo Cruel)

Pasámola e observámola.

Pr: Que pasou aquí?

S: Le están tirando del pelo

Ar: Le están tirando del pelo, de las manos y todo.

M: Le están tirando por la mano.

R: Tiráronlle do pelo

J: Uno grande le tiró del pelo, dos pequeños le tiraron de la mano. A una niña. Y uno está comiendo la comida de la niña, que se la tiró este de aquí abajo. Y ahora se come los chuches de ella.

Pr: E iso está ben?

J: No

S: No

Ad: No está bueno

Pr: Que estaba facendo a nena antes de que isto ocurrira?

S: Comiendo los dulces.

J: Los que están muy arriba yo creo que se están riendo de ella, de la niña.

S: No, esos no. Se está riendo este (sinala a persoa de abaixo á esquerda)

J: No, ese no tiene cara de reirse. Tiene cara de aburrido.

V: Las de arriba se están riendo porque están juntas.

Pr: Rinse do que está pasando?

V: No. Se ríen porque están juntas y jugando a otra cosa.

Pr: Miramos a cara da nena. Como está?

S: Está gritando

J: Grita para intentar que ellos se vayan

Pr: Que pode estar dicindo?

S: AYUDAAAAAAA!!!!

J: Está llorando

Ad: Chorar

S: Grita: AYUDAAAAA!!!

Pr: E alguén a está axudando?

Todos: Noooon

Pr: Imos contar cantas persoas hai no patio.

Todos contan: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 , 8, 9 ,10

Pr: Hai dez persoas e ningunha está axudando a nena? Por que credes que non a axudan?

J: Creo que tienen miedo que les pegue el grande. Porque es grande.

S: No la ayudan porque son malos.

V: Porque son malos

Ar: Porque están un pouco tolos.

J: Mira este! (Sinala un neno arriba á dereita da imaxe que ten a lingua fóra) Se está riendo y echándole la lengua.

Pr: Que tiene en la mano el niño?

J: Una piruleta.

Pr: Non estará botando a lingua para lamber a piruleta?

J: Noooo. Eso se mete en la boca. Se está burlando.

Ar: Nadie se está acercando. Porque uno está que le tira de las manos, otro que le tira del pelo...

Pr: E se vós fósedes esta nena e ao saír ao patio alguén che tirara dos brazos, outro do pelo...

S: Pues si estuviera ahí V y viniera a ayudarme, me ayudaba.

Pr: V, ti axudarías a S se lle estivese ocurrindo isto?

V: Si

Pr: Que farías se che ocurrise isto a ti, S?

S: Gritaría: AYUDAAAAAA!

Pr: E ti, V, que farías se escoitaras a S?

V: No sé

M: Yo voy y le quito las manos y le suelto las manos

S: Y luego soltarle las manos del pelo. Primero le quitaría las manos a este. Y después a este y a este. Y luego quitaría a la niña que le iba a comer los chuches.

M: Lo que pasa es que yo le suelto las manos y espero y ya no lloró más.

J: No. Pero es que no le quieren soltar el pelo. Si son malos que le están pegando, no la quieren soltar.

Pr: Ti como farías para axudala, J?

J: yo cogería una pala y a los malos les pegaría un puñetazo.

Ar: Yo les corto así la mano y les corto la cabeza y los pies y todo.

Pr: A ver. Estamos no patio. E vós vedes que hai alguén pegándolle a un compañeiro. Como podemos axudar sen pegar?

S: Quitando las manos

Pr: E se non queren?

S: Yo la abrazaría y la vigilaría y luego la protejo.

V: Y yo la ayudaría a S

Ar: Y yo la ayudo a Al

J: Yo cogería arena y a los malos les echaría arena a los ojos.

Pr: Pero non podemos solucionar as cousas usando a violencia porque así non estamos portando coma estes nenos de aquí. A quen podemos avisar se hai un problema no patio?

Ar: A la profe!

R: A la profe!

J: Yo le pagaría a dos tíos para que vayan a defenderla.

Ar: Yo lo sabía, que hay que llamar a una profe si a una niña le están tirando de los brazos y del pelo.

Pr: Como podería a profe solucionar este problema?

J: Pues llamando a todas las profes y que la ayuden porque el tiene más de nueve. Hay que llamar a todas las profes.

Pr: E que fan as profes?

S: Berrarle

Ar: Marchad!

M: Marchad! Se acabó!

J: No, pero son malos. Así no pueden hacer. Porque si son malos no te van a hacer caso. Solo te van a hacer caso si vienen muchas y hacen así: Nos vamos, chicooooos.

Pr: Cantas profes farían falta para solucionar esta situación?

Ar: Muchas!

R: Así: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8...

J: 100! Yo me metería en un colegio y llamaría a todas las profes que salgan contigo y les daría cincuenta pavos para que le paguen y ya resuelto. Le pido el dinero a mi mamá, se lo doy a las profes y ellas lo solucionan y ellos ya se van corriendo. Así ya se van porque con eso ya son muchos.

Pr: Algunha vez vos portastes vós con alguén como se están portando estes nenos con esta nena?

Todos: Noooo. Yo noooo. Yo tampoco.

J: Una vez un niño le tiró del pelo a una niña cuando estábamos allá jugando en el patio

Pr: E ti víchelo, j?

J: No. Porque yo estaba distraído con la merienda y estaba bien rica.

Pr: Entón como te enteraches de que ocurriu?

J: Había cámaras en mi colegio y lo vi en el celular de mi mamá.

M: Yo uso mi pistola

R: Yo tengo una pistola de dinosaurios.

Pr: A nena que está comendo as chuches, está axudando?

Varios: No

J: Los malos le pagaron a ella para que le quiten los chuches. Como estaban aquí los chuches, se los tiró y ahora se los va a botar a la basura todos. Otra solución es que yo me compro una pistola de rayos láser, le disparo a todos los malos y ya está.

Pr: O resto dos nenos están portándose ben ou mal?

Varios: Ben

Outros: Mal

J: Mal. Porque la niña les está pidiendo ayuda y ellos nos le hacen ni caso

Pr: Se escoitamos ou vemos que alguén está en perigo e non axudo, estoume portando ben?

Ar: non.

Pr: Que teño que facer se vexo unha situación perigosa e ao mellor teño medo de que a min me peguen tamén?

S: Avisar a la profe.

Ar: Si, avisar a la profe.

J: Ah, pues yo hago un muro delante de donde vinieron, muy grande, de cincuenta metros, y así no podrán venir a pegarle. Y cojo los ladrillos, los pego con pegamento y así ya no le pueden pegar. Y si viene un águila, voy a hacer una trampa arriba: cuando pase el águila voy a saltar de un trampolín yo y le voy a pegar una patada y lo tiré para allá.

M: pues yo hice un muro muy alto y no entran los ladrones.

Pr: para acabar, imos dicirlle a Juanita o que ten que facer se ve outra vez unha situación coma esta.

S: Pues llamar a su profe

J: Llamo a todos mis papás y contigo nos unimos y a todas las profes que haya en esta ciudad y solucionamos este problema. Y desactivo las trampas porque yo tengo el mando de las trampas.

Rematamos a sesión dándolle as grazas a Juanita pola visita e facendo a avaliación.



QUE ERGA A MAN QUEN QUEIRA BAILAR!

 


Picade aquí se queredes mirar a letra.

BONECOS PREHISTÓRICOS

 Con carozos de millo, corda e tea de saco e de pelexo, fixemos bonecos prehistóricos. A que quedaron ben simpáticos? Moitas grazas, profe Olalla!






CHOIVA DE CORES

 Así voaban as nosas nubes de cores ao sol! Xa queda pouco para darlle a benvida á primavera!



martes, 14 de marzo de 2023

RESCATADORES DE ANIMAIS MARIÑOS

 Cando visitamos o porto do Grove, Rita contounos que ás veces hai animais que quedan enleados nas redes de pesca. A noticia que limos hoxe na edición dixital da Voz de Galicia fala de que un cachorro de león mariño e unha tartaruga foron rescatados e levados ao Igafe para a súa recuperación. Despois serán devoltos de novo ao mar.



COMEFROITAS DE MARZO

 Manu vén de acadar a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de marzo. Parabéns, Manu!


E Aroa tamén! Parabéns, Raíña!


E Sofía! Parabéns, Raíña!


Parabéns, Joshua! Acadaches a coroa de Rei Comefroitas de marzo!


Alma tamén acadou a coroa de raíña Comefroitas no mes de marzo. Parabéns!











luns, 13 de marzo de 2023

A LENDA DO BURRO DA TOXA




Conta a lenda, recollida pola escritora Emilia Pardo Bazán, que un grovense tiña un burro afectado dunha enfermidade da pel. Ao non ter o valor para sacrificalo, preferiu deixalo abandonado na Illa da Toxa, pensando que pola súa enfermidade non tardaría en abandonar este mundo.

Pasado un tempo e coa intención de enterrar os restos do animal, regresou á Illa e atopouno con vida, curado e rebolándose nuns lodos.

Contan que así foron descubertas as propiedades curativas das augas termais  que nacen na Illa da Toxa e que deron lugar a un dos primeiros balnearios de Galicia.

Na edición dixital da Voz de Galicia vimos unha noticia que falaba da inauguración dunha escultura relacionada con esta lenda. Se pasades por alí, mandádenos unha foto!




 


domingo, 12 de marzo de 2023

PEIXIÑOS DO MAR

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer peixiños de froitas. Moitas grazas a todas por participar!

Adán e os seus peixiños


Sofía e os seus peixiños




Os peixiños de Sofía nadan entre as algas e tamén as comen



Joshua e os seus peixiños de froitas



Os peixiños de froitas de Valeria