Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 30 de abril de 2023

A PULSEIRA-PEIXE DE MANU

 

Manu e a súa familia foron convidados á entrega de premios do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai", organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. A pulseira-peixe de Manu quedou entre os 80 deseños finalistas. Mirade que ben o pasaron. Parabéns, Manu!















FESTA DOS MAIOS 2023

 

Benvido, Maio!

O venres 28 de abril celebramos en Leiro a festa dos Maios para darlle a benvida á primavera. Unha festa en familia na que puidemos xogar e bailar acompañados dos gaiteiros dos Demos da Petaca. Moitas grazas á ANPA por traer os xogos tradicionais (gustáronnos moito!) e ás familias de 3 anos pola merenda (estaba ben saborosa!).
































martes, 25 de abril de 2023

UN TARRO DE CONTO II

 Esta semana coñecimos catro tarros de conto marabillosos e limos un deles que non coñecíamos. Moitas grazas a todas por participar!









domingo, 23 de abril de 2023

E A EIRUGA LARPEIRA CONVERTEUSE NUNHA FERMOSA E COLORIDA BOLBORETA


A proposta desta fin de semana para o obradoiro de cociña en familia era facer unha bolboreta. A eiruga que fixestes a semana pasada converteuse nunha fermosa e colorida bolboreta. Moitas grazas a todas por participar! 

Alma, a eiruga e as bolboretas

A eiruga e as bolboretas de Alma



As bolboretas de Adán

Adán e as súas bolboretas



As bolboretas de Sofía



Valeria e as súas bolboretas

venres, 21 de abril de 2023

AS OCAS DE MANU

 



Na casa de Manu naceron ocas o martes e quixo traernos dúas para que as coñecéramos. Tamén nos mandou un vídeo co que aprendimos como son, que comen e outras curiosidades. Moitas grazas a Manu e á súa nai Mar por compartir con nós este ratiño. Gustáronnos moito!






Se queredes escoitar a canción do vídeo de Manu, aquí vola deixamos.



xoves, 20 de abril de 2023

DESCUBRINDO DINOSAUROS

 


Limos na edición en papel da Voz de Galicia unha noticia moi pequerrechiña que nos chamou moito a atención: en La Rioja veñen de descubrir ósos dun dinosauro espinosáurido! Estivemos ampliando a información nesta páxina. Picade aquí.

UNHA COR PROPIA







UN TARRO DE CONTO

 Para celebrar o Día do Libro quixemos agasallar a Zapatocas metendo un conto nun tarro de cristal. E iso como se fai? Pois mirade, mirade!










mércores, 19 de abril de 2023

SAÍDA A PONTEVEDRA: TEATRO AFUNDACIÓN E CAFÉ MODERNO

 Hoxe fomos a Pontevedra a ver Feo, unha obra de Caramuxo Teatro chea de parruliños de goma de cores. E despois visitamos o edificio do Café Moderno, coñecendo os segredos das pinturas das súas paredes, do xardín e da galería.