Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 29 de novembro de 2018

O CÓDIGO DE COLORES NOS ALIMENTOS E BEBIDAS

En pouco tempo os alimentos e bebidas terán un código de colores que nos informará do seu valor nutricional. Como se fose un semáforo, as cores axudaranos a alimentarnos mellor. Hoxe vimos unha foto dun paquete de galletas cun E vermello ben grande. Así que xa sabemos que as galletas, con moderación.





JOEL E A ESTRELA DE MAR

Hoxe Joel traía un caldeiro e dentro descubrimos...unha estrela de mar! Nunca tivéramos unha tan cerca. Vimos que tiña cinco brazos, era de cor negra e branca con "pinchos" pola parte de arriba e laranxa por debaixo, na zona pola que se pega ás rochas. Agora só queda devolvela ao mar e seguir investigando!




mércores, 28 de novembro de 2018

CARTA PARA O APALPADOR



É UNHA VACALOURA!

Hoxe Alba, a nosa científica de animais máis curiosa trouxo ao cole un insecto moi grande nun bote. Procuramos información e atopamos unha páxina de ciencia onde aparecía unha foto idéntica. Así soubemos que era unha vacaloura femia. Cunha lupa puidemos ver con máis detalle as súas partes para debuxala. E agora temos unha exposición temporal de vacalouras!








martes, 27 de novembro de 2018

CULTURGAL 2018


O vindeiro fin de semana (30 novembro-2 decembro) celébrase a 11ª edición do Culturgal no Pazo da Cultura de Pontevedra. Podedes mirar o prezo das entradas aquí. Hainas para un día, dous, paquetes familiares, bonos para os tres días...
Consultade na programación os horarios e os eventos aos que podedes asistir. Hai de todo tipo: musicais, literarios, teatro, contacontos...


VAI CHEGAR O NADAL!



Non se fala doutra cousa: as luces xa están colocadas nas rúas, algún xa puxo a árbore e escribiu a carta a Papá Noel e os Reis, case sabemos a panxoliña para o festival...
Á biblioteca do cole tamén chegou e instalouse nun recuncho con libros de Nadal debaixo dunha árbore que xa estamos decorando con boliñas personalizadas.
Aproveitamos para volver ler o conto do Apalpador, que de seguro nos virá visitar...


CARBALLOS OU EUCALIPTOS?

No Faro de Vigo limos unha noticia dun estudo científico que comprobou que aves e plantas prefiren para vivir os carballos aos eucaliptos. E por que? Pois inflúen diferentes factores. Por exemplo, os eucaliptos, ao non ser árbores tan espesas e frondosas coma os carballos, deixan pasar máis o sol e este exceso de calor non lles gusta a certas herbas e plantas. Ao haber poucas plantas, tamén hai poucos insectos. Por outra parte, a cortiza dos eucaliptos despréndese, non teñen orificios nos toros e pólas e a forma destas últimas dificulta a construción de niños. Por iso non hai tantas aves neles.


Aproveitamos tamén para coñecer as partes da noticia e a estrutura do xornal.


BALANZA E EQUILIBRIO

Hoxe xogamos a equilibrar a balanza cos osiños. Por parellas fixemos varias probas ata que atopamos a maneira de que os pratos da balanza pesasen o mesmo. Despois tentamos traspasalo ao papel.



luns, 26 de novembro de 2018

O SOL E O XERSEI DE ALBA

Hoxe Alba non tiña mandilón e grazas a iso e a que o sol tiña ganas de saír, descubrimos algo que nos engaiolou... Cando a luz do sol que entraba pola fiestra daba no debuxo de "lentejuelas" do xersei de Alba, estas facían coma espelliños e ao reflectir, enchíase todo de minúsculas luceciñas. Se Alba se movía ou alguén lle facía sombra, xa non funcionaba. Que ben o pasamos e canto nos gustou!





xoves, 22 de novembro de 2018

CLASIFICACIÓN LIBRE

Profe, mira que fixemos! Sen ter ningunha consigna previa, con total liberdade e en grupo, decidiron de que maneira facer os agrupamentos e que criterios seguir.


ABECECIRCO

Abececirco é un libro que mestura o abecedario cunha tolería de circo. Hoxe convertímonos en deseñadores de letras para escribir o título. No A, Admirables acróbatas andan apurados. En cada letra aparece unha frase construída con palabras que só poden comezar con esa letra. Pensamos moito e descubrimos que no A poden saír palabras como: Alba, abril, agosto, avión, aletas, ás, ai!, alegría, axóuxeres, Ana, Anabel, Ángeles... E frases como: Alba abrígase apurada, Ana anda alegre...
Un libro moi divertido que nos fixo rir coas nosas propostas disparatadas.






Buscamos pola aula palabras que comecen pola
letra G



mércores, 21 de novembro de 2018

NENAS E NENOS: TEMOS DEREITOS

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional da Infancia e estivemos lendo un libro que fala dos nosos dereitos: a ter un nome e unha familia que nos queira, a ir á escola, a que nos respecten, a vivir en paz, a que nos leven ao médico se estamos enfermos... Cousas que nos parecen normais pero que non todos os nenos e nenas viven no seu día a día. 


MIRA QUEN SAE NA PRENSA!


Elisa traía na mochila unha noticia do Faro de Vigo que lle gardou a súa nai e que nos gustou moito. No cole de Barrantes teñen Camiños seguros para ir ao cole! Na foto da noticia aparecen tres persoas que coñecemos: Rodrigo, Carla e Paco. Desde aquí mandámoslles un bico moi grande e felicitámolos por formar parte desta fantástica iniciativa

martes, 20 de novembro de 2018

FUNÁMBULUS




Seguimos na procura do equilibrio, hoxe da man dun libro que é pura poesía: Funámbulus. Con el percorrimos o camiño da vida, coas súas alegrías e as súas dificultades, superando medos e caídas pero sempre avanzando... Non esquezades tirar do fío antes de saír da casa!















venres, 16 de novembro de 2018

PANXOLIÑA DE NADAL

VAI NACER UN IRMÁN

Dous contos que nos emprestou a profe Ana e que nos namoraron. Elisa lembrando cando estaba a piques de ser irmá maior e Lía preparándose para selo...




A PÍLLARA DAS DUNAS




No Faro de Vigo limos unha nova que falaba da cría do chorlitejo patinegro ou píllara das dunas na praia da Lanzada. Dramatizamos unha das frases que aparecían na noticia para entendela: tres parellas fixeron catro niños e naceron oito polos. Como ademais tiñamos outro dato e sabiamos que en cada niño hai tres ovos, aprendimos:
- Que unha parella de chorlitejos son dous paxaros
- Que tres parellas de chorlitejos son 6 paxaros.
- Que unha das parellas tiña dous niños e as outras dúas parellas cadanseu niño.
- Que entre todos os niños había 12 ovos: unha ducia!
- Que se naceron oito polos, de catro ovos non naceu ningún polo.

E o máis importante: que hai animais en perigo de extinción e que temos que coidalos para que non desaparezan, respectando os seus hábitats e protexéndoos cando están criando. 

LETRAS DE CORES


xoves, 15 de novembro de 2018

ONDE ESTÁ A FOLLA?


Hoxe probamos a ver se saía un experimento que vimos en internet e...si! Xa vos contaremos o que imos facer e como o fixemos. 

CAROZOS, PIÑAS, FOLLAS...ARTE NO OUTONO!





EQUILIBRIO

Hoxe falamos do equilibrio. De todo o que facemos que necesita equilibrio: camiñar, correr, andar en bici e patinete... E que pasa se perdemos o equilibrio? Caemos!
Na clase temos xogos de equilibrio e encántanos facer torres (e partirnos de risa cando caen, tamén). No circo, os equilibristas son especialistas en manter o equilibrio en situación moi difíciles.