Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 26 de marzo de 2019

DRAGÓNS, RATOS E CURUXAS



Canto estamos aprendendo con Draco na súa viaxe polo Reino das Emocións! Esta vez despois de ler o conto e ver como reaccionaban Draco, o rato e a curuxa, puxémonos en acción. Sentamos a Draco, ao rato e á curuxa en cadansúa cadeira. E dramatizamos por parellas ou pequenos grupiños as situacións que viñan na ficha de traballo pero cambiando os nomes polos nosos. Ao acabar, a profe preguntaba como se portara/reaccionara unha das personaxes: como Draco, como o rato ou como a curuxa? Explicabamos por que e poñiámonos detrás da súa cadeira. 
Dependendo da situación era máis ou menos doado identificar os comportamentos. O que case sempre tiñamos claro era cando alguén se comportaba como un dragón (chillar, pegar, empurrar...) Pero axiña descubrimos quen facía de curuxa (explicar a situación, falar...) e quen de rato (agacharse).
Pasámolo moi ben facendo o teatro e a partir de agora seguro que nos vai axudar moito a resolver os posibles conflitos que poidan aparecer na aula ou no patio.







Ningún comentario:

Publicar un comentario