Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 6 de marzo de 2020

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA 2020




Hoxe inaugurouse o Salón do Libro de Pontevedra, este ano adicado ao Humor.

En palabras deles:

Despois de dúas décadas de ilusión e traballo, de paixón polos libros e a lectura, encaramos a edición XXI do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra con optimismo, enerxía con moito amor e, sobre todo, moito HUMOR. Tanto é así que o HUMOR foi o tema seleccionado para esta edición número 21, despois dunha intensa e intensiva consulta a centros de ensino, persoas colaboradoras, pais, nais, crianzas… O HUMOR como actitude positiva, esperanzada, crítica e, sobre todo, intelixente cara á vida. Humor subtil, enxeñoso, ás veces macabro, negro,humor inocente, humor retranqueiro, atrevido, belixerante, combativo, humor gráfico, poético, lírico, metafísico, literario, literal e figurado…Unha chea de HUMORES agardamos que este ano inunden o noso Salón, que se celebrará entre o 6 e o 27 de Marzo de 2020 e que contará con ITALIA como País Convidado.

 Se queredes consultar a programación, picade aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario