Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 6 de marzo de 2020

MARÍA MOLINER

Achégase o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. En Leiro temos o libro 100 mujeres que cambiaron el mundo. Xa coñecemos algunha das que aparecen alí: Rosalía de Castro, Concepción Arenal... Hoxe achegámonos á vida de María Moliner e descubrimos que lle gustaban moitísimo os libros e que escribiu un diccionario cheo de palabras. María Moliner quixo achegar a cultura a toda a xente, chegando a crear unha rede de bibliotecas e ensinando a ler a moitos que non sabían. Malia todo o que fixo pola lingua, os académicos non deixaron que entrara na Real Academia por ser muller.


No cole miramos os dicionarios que tiñamos e vimos como as palabras estaban ordeadas alfabeticamente. O dicionario de lingua galega que temos é moi grande e moi pesado! Non podemos nin imaxinar todo o traballo que levou María Moliner para escribir o seu Diccionario de uso del español!





Ningún comentario:

Publicar un comentario