Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 16 de marzo de 2020

JOEL E A SÚA FAMILIA COMPARTEN...ZENTANGLE

Acaba de chegar ao noso mail unha proposta de Joel e a súa familia que queren compartir con todos nós. Onte descubriron o Zentangle. Existe un perfil en Instagram (@mindandtangle), que todos os días a partir das 17:30 fai un taller online totalmente de balde. Combinando debuxo e meditación, só necesitamos un lapis, un rotulador negro fino, un folio/cartolina e un bastonciño das orellas para participar.
Moitísimas grazas a Joel, Hugo e Noe por compartir! Estades feitos uns artistas! 
Se alguén se anima a participar, mandade as fotos das vosas creacións!




Ningún comentario:

Publicar un comentario