Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de xaneiro de 2022

OS PITIÑOS DE SOFÍA

 No galiñeiro da casa de Sofía está a suceder algo importante esta fin de semana e quixo compartilo con nós. Cantos pitiños, Sofía! Farán tantas trasnadas coma os do conto Gracias de Rocío Bonilla? 

Que bonitiños son! Moitas grazas a Sofía e a súa familia polas fotos. Encantáronnos!




Houbo que rescatar un dos pitiños! As enfermeiras veterinarias Sofía e Elisa axiña acudiron. Metérono nun bolso, tapárono cunha mantiña e Sofía deixoulle un peluche. Achegárono á cociña de leña e alí ao quentiño, o pitiño Solrecuperouse e comezou a chiar pedindo ir coa súa nai e irmáns. 8 pitiños e 1 galiña! A familia ao completo!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario