Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 25 de xaneiro de 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN: ROCÍO BONILLA

 

Rocío Bonilla traballando nas súas ilustracións


O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día da ilustración e na biblioteca do noso cole quixemos homenaxear a ilustradora Rocío Bonilla facendo un recuncho con todos os libros que temos dela. Seguro que moitos vos soan! A nós estanos encantando coñecer as súas ilustracións e as historias que contan.

O martes pasado limos: Os fantasmas non petan á porta.


E este martes: Gracias. Historia de un vecindario.




Hoxe aprendimos a dicir Grazas en diferentes linguas. Algunhas xa as coñecíamos! Que bo ser agradecidos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario