Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 30 de xaneiro de 2022

CELEBRANDO O DÍA DA ILUSTRACIÓN CON ROCÍO BONILLA

Seguindo o Calendario do libro e a lectura 2022, hoxe 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración. No cole quixemos homenaxear a ilustradora e escritora Rocío Bonilla facendo un recuncho na biblioteca con todos os seus contos e contándoos ao longo deste mes.
O equipo de biblioteca elaborou unha guía de lecturas que inclúe desde contos sen texto ata libros para desenvolver a creatividade dos máis pequenos pasando por historias de veciños, superheroínas, irmáns, avós e ata pirañas. Felices lecturas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario