Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de xaneiro de 2022

ALICIA ESTREA A BOLSA DO CRA

 Hoxe Alicia trouxo a bolsa do CRA pintada ao cole. Quedoulle preciosa e colorida. Ata lle puxo o seu nome! Pero o mellor estaba dentro: mandarinas da súa casa para repartir á hora da merenda. Os que as probamos podemos dicirvos que estaban ben saborosas. Os que preferiron gardala e comela na súa casa xa o comprobarán. Moitas grazas a Alicia e a súa familia! Os Comefroitas hoxe estaban encantados!






Ningún comentario:

Publicar un comentario