Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 5 de marzo de 2021

O COLECCIONISTA DE INSECTOS

 








Co conto El coleccionista de insectos, da Editorial Miau, aprendimos a importancia que todos os seres teñen na natureza, mesmo os máis pequeniños. Podemos observar, investigar e aprender pero sempre desde o respecto. Hoxe Sofía trouxo unha araña que atopou. No bote puidemos observala, contar as patas, admirar os quelíceros e descubrir ata unha tea de araña que teceu. Despois a Sofía gustoulle a idea de soltala no patio da escola e saímos todos a despedila cantando a canción da araña pequeniña. Quedou nunha planta, entre as folliñas novas que trouxo a primavera. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario