Adriana e a súa familia quixeron compartir con nós unhas fotos dun escornabois que atoparon na súa casa. Investigamos un pouco sobre eles e descubrimos que tamén se poden chamar vacalouras e que son insectos que viven en zonas de carballos. Os machos, como o que atopou Adri, teñen unhas mandíbulas grandes que empregan para loitar entre eles e conseguir quedar coa femia. Teñen ás debaixo dos élitros, que son mási duros e así están protexidas.
Moitas grazas polas fotos! Aprendimos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario