Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 5 de febreiro de 2021

SEMANA DE ENTROIDO: O MECO MANDA!



O vindeiro venres día 12 de febreiro celebraremos a festa de Entroido en cada aula. Este ano imos ir disfrazados de ANIMAIS. Para ter máis opcións, podemos elixir un animal que exista (calquera que se vos ocurra) ou un animal imaxinario (dragón, unicornio, rato Pérez, un animal protagonista dun conto que nos guste…)

Seguindo un ano máis na liña de empregar menos plásticos no cole e a regra dos 3R (Reciclar, Reutilizar e Reducir), cada familia encargarase do disfrace do seu fillo ou filla. Para que vos sexa máis doado aquí vos deixamos algunha suxestión: empregando roupa que xa temos na casa, reutilizando algún disfrace doutros anos (perrucas de cores, diademas con antenas ou cornos, medias de cores…) reciclando materiais (teas, lazos, cartóns, xornais, caixas de ovos, envases de iogur…), levando algo que nos poidan prestar… Tamén podedes traer un pixama deses enteiros dalgún animal, se xa o tedes na casa. Trátase de ter que mercar o mínimo e poñer a imaxinación a funcionar ao máximo. Canta máis variedade haxa, máis vistoso quedará!

Para merendar, ese día podemos traer, a nivel individual, algún doce típico do Entroido que nos guste.

 

Pero a Semana de Entroido comeza o luns e o MECO xa ten preparadas as súas ordes deste ano:

 

ORDES DO MECO ENTROIDO 2021

 

- Luns 8 de febreiro: traemos as uñas pintadas 

 

- Martes 9 de febreiro: vimos vestidos con roupa colorida (cores mesturadas, estampados de calquera tipo: raias, lunares, flores, estrelas...)

 

- Mércores 10 de febreiro: traemos calcetíns diferentes por fóra do pantalón (canto máis coloridos, mellor)

 

- Xoves 11 de febreiro: vimos ao cole en pixama

 

- Venres 12 de febreiro: traemos o noso disfrace do ANIMAL que prefiramos

 

Animádevos a participar!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario