Hoxe limos Petra, la araña furiosa. A Petra encántalle traballar tecendo as súas arañeiras. Pero sempre vén alguén que lla desfai ou lla rompe e chega un momento en que se enfada moito, moito, moitísimo. E cando máis enfadada está, ocúrreselle unha idea xenial para que ninguén lle volva destrozar as súas arañeiras. Porque estar sempre furiosa non lle gusta nada. Agora Petra si que está contenta!
Un conto que nos axuda a buscar solucións aos problemas que xurden e a mellorar a convivencia cos demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario