Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 29 de abril de 2021

UN OVO DE GUINESS

 




Na edición dixital da Voz de Galicia limos unha noticia que nos deixou coa boca aberta: unha galiña puxo un ovo dobre: dentro tiña outro! Vimos a foto e puxemos moita atención en dúas palabras que aparecían na noticia: Guiness e matrioskas. 

Que significa un ovo de Guiness? A profe Ángeles emprestounos un libro que recolle os récords Guiness do ano 2012 e estivemos ollando a parte dos animais: o can coas orellas máis grandes do mundo, o can máis alto do mundo, o gato que sabe tocar o piano e o gato e o can máis pequenos do mundo, que collen nunha man. Tamén nos gustou a parte das coleccións: unha rapaza que ten unha colección de milleiros de pingüíns (peluches, figuriñas, disfraces...)! Será o ovo do Corgo tan grande como para saír no libro dos Guiness deste ano?

Tamén comparaban o ovo coas matrioskas e estivemos mirando fotos de matrioskas diferentes. Hainas ata para pintar un mesmo! Na clase temos un xogo que nos gusta moito con pipos que van un dentro do outro como as matrioskas. Tamén a profe Ángeles nos emprestou unhas bonequiñas e Carla dixo que a súa tía tiña unha con cinco bonecas.

Como a noticia contaba que ao final fixeron unha tortilla cos ovos, acabamos facendo tortillas na cociniña para todos.






 


Ningún comentario:

Publicar un comentario