Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 20 de abril de 2021

A MALETA VIAXEIRA

 


A profe Ana solicitou ao CEIDA a Maleta Viaxeira: Contos para un Planeta. Unha maleta chea de lecturas que puidemos disfrutar ao longo de todo un mes os martes na biblioteca de Leiro. Coñecimos a Lola e os problemas dos plásticos que acaban no mar; tamén a Bosque, un oso polar que por mor do desxeo foi apartado da súa familia; aprendimos como temos que facer se queremos evitar que os paxaros batan contra os vidros das ventás e descubrimos as vantaxes dunha horta colaborativa (aínda que iso xa hai anos que o sabemos grazas á profe Ana!).

Unha iniciativa fantástica con literatura infantil de calidade para poñer o noso gran de area no coidado do planeta que habitamos e compartimos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario