Cada vez que se achega o 24 de febreiro volvemos ler esta pequena biografía de Rosalía que tanto nos gusta. Grazas a ela lembramos que Rosalía naceu en Santiago de Compostela, que aprendeu a falar galego, a lingua na que comezaría a escribir as súas historias e poemas que tiñan como protagonistas os paxaros, os ríos, o moucho, as herbas e as campás... Encántanos cando lemos que Rosalía ía á escola, que lle gustaba pintar e debuxar, ler e escribir, saltar nos charcos e pasear polo monte; que tocaba a arpa, o piano, a guitarra e a frauta; que casou co escritor Manuel Murguía e que tiveron varios fillos; que publicou varios libros de poesías e que a súa casa de Padrón, agora convertida en museo, pode visitarse. Parabéns, Rosalía! Achégase o teu día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario