Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 13 de febreiro de 2019

BOS AMORES


Bos Amores é o poema que eliximos na nosa aula para traballar e facer un mural para a biblioteca no Día de Rosalía que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro. Un fragmento deste poema de Follas Novas fíxonos pensar...
Despois de lelo e falar sobre o que di, todos tivemos claro cales son os bos amores (os que se queren, os que se axudan, coidar a miña irmanciña...), quen nos dá bos amores (os amigos, mamá, papá, avoa...) e que nos traen os bos amores (bicos, apertas...)
Busquemos os bos amores e sexamos bos amores para quen está ao noso lado.









Ningún comentario:

Publicar un comentario