Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 16 de febreiro de 2019

AVES MARIÑAS

Lembrades a píllara das dunas que aniñaba nas dunas da praia da Lanzada? Pois hoxe no FARO DE VIGO limos que no Illote do Areoso, na Illa de Arousa, hai outras tres aves mariñas que aniñan alí: a gabita, o gaivotón e a gaivota patiamarela. Grazas ao libro que nos trouxera o Apalpador: Inventario ilustrado dos mares, puidemos diferenciar as tres aves e aprender unha característica especial de cada unha. A gabita ten un peteiro longo e laranxa co que abre as cunchas para comer (tamén lle chaman ostreiro euroasiático. Débenlle de gustar moito as ostras!). O gaivotón é unha gaivota grande coas patas rosas e a gaivota patiamarela é máis pequena coas patas amarelas. Xa podemos recoñecelas cando as vexamos. Se vos coincide atopar algunha destas aves e sacarlle unha foto, mandádea ao noso mail para que a poidamos ver todos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario